Premio do Público Culturgal 2013
A Feira das Industrias Culturais, Culturgal, propuxo o Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra como candidato para o Premio do Público Culturgal 2013. Como ben sabedes, este é un proxecto desenvolto pola Concellaría de Cultura e o Pazo da Cultura dende hai xa 15 anos. Un proxecto consolidado onde está depositado o traballo e a ilusión de moita xente e que, ano tras ano, achega aos nenos/as aos libros a través de numerosas actividades que fomentan valores e espertan aptitudes.
Vota no seguinte enlace por calquera dos nominados, entre os que se
atopan tamén proxectos tan destacados coma o Festival de Cans e a
Asociación PuntoGal:http://culturgal.com/premios-do-publico-culturgal-2013/
Sen rexistros nin largos procesos. Só acceder á páxina e votar a través do ordenador de sobremesa, smartphone, tablet, portátil, etc.
Ningún comentario:
Publicar un comentario