A fórmula aprobada no Senado non permitirá devolver os cartos non ingresados con carácter retroactivo, pero sí dá luz verde a que estes centros poidan recuperar o concerto de maneira inmediata o vindeiro curso sen agardar a 2017A fórmula aprobada no Senado non permitirá devolver os cartos non ingresados con carácter retroactivo, pero sí dá luz verde a que estes centros poidan recuperar o concerto de maneira inmediata o vindeiro curso sen agardar a 2017, ano no que está prevista a renovación do sistema de concertos, que se realiza cada catro anos.
Tamén sucederá en Galicia, e de xeito inmediato, se atendemos ás declaracións efectuadas hoxe por Alberto Núñez Feijoo. O presidente da Xunta afirmou que, en virtude da disposición aprobada no Senado, o conselleiro de Educación "debería" presentar unha proposta ao Consello da Xunta que, dixo, está "seguro" de que aprobará.
Xa o pasado mes de agosto a Consellería de Educación publicou unha orde coa que renovaba os acordos cos centros de ensino concertado e nela incluía os cinco colexios que separan o alumnado en función do sexoXa o pasado mes de agosto a Consellería de Educación publicou unha orde coa que renovaba os acordos cos centros de ensino concertado e nela incluía os cinco colexios que separan o alumnado en función do sexo. A sentenza coa que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) ilegalizara o pasado marzo estes concertos a instancias do Sindicato de Traballadoras e Traballadores do Ensino de Galiza (STEG) non foi obstáculo para a Xunta, que se preparaba deste xeito para seguir inxectando cartos nestes centros ata 2017.
O gabinete que dirixe Alberto Núñez Feijóo sinalaba que o ditame do alto tribunal galego "non é firme" e ademais, razoaba, a lei de orzamentos xerais do estado "recolle a directriz presente no ordenamento xurídico de inexistencia de prohibición ou limitación constitucional ou legal ao financiamento da educación separada por sexo". Nesta apreciación a Xunta pasaba por riba da aínda vixente Lei Orgánica de Educación, que, como lembraba o TSXG en marzo, "prohibe tallantemente a discriminación dos alumnos na admisión a centros públicos e concertados".
Nada máis coñecer a decisión gobernamental o STEG xa anunciaba a súa intención de "ir de novo aos tribunais para que a sentenza firme, posto que non foi recorrida pola Consellería, sexa cumprida pola Administración".
Ningún comentario:
Publicar un comentario