Son cada vez máis os departamentos que optan por publicar a
súa documentación en castelán ou en inglés. Coa escusa da transferencia
entre diferentes universidades de coñecementos, os departamentos
esquécense de empregar a nosa lingua e tamén se esquecen de por as guías docentes das nosas materias en galego.
Segundo as normativas das tres universidades galegas, é un
dereito do estudantado poder dispor das guías docentes no noso idioma,
mais isto non sempre se cumpre. É por iso que animámos a pedir na facultade as guías docentes de todas as
materias nas que esteas matriculad@ en galego para así, asegurármonos
que aquelas guías que estean en castelán sexan traducidas ao noso
idioma.
Ningún comentario:
Publicar un comentario