A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público, organiza este mércores 13 de novembro nas
cidades galegas os recitais “Música e letras contra a LOMCE”,
onde se lle dará voz á cultura galega para por de manifesto unha vez
máis o rexeitamento de toda a sociedade contra esta lei. Bótalle un ollo
ao cartaz para ver os lugares e as horas de ditos actos.
Esta é un acto máis dos levados a cabo por parte da
Plataforma Galega, como forma de continuar cos protestos en defensa do
ensino público, galego e democrático. Non quedarnos só en manifestacións
puntuais, senón que as reivindicacións serán continuadas ate
conseguirmos que a LOMCE sexa eliminada.
Por iso, animamos ao estudantado da Galiza e a cidadanía en
xeral a participar dos actos simbólicos nos que, desta volta o mundo da
cultura, será o que leve a voz contra esta inxusta lei.
Ningún comentario:
Publicar un comentario