A Plataforma Estatal pola Escola Pública anunciou este martes que
organizará novos actos de protesta e mobilizacións o próximo 20 de
novembro para rexeitar o proxecto de Lei Orgánica de Mellora da Calidade
Educativa (LOMCE), que ese mesmo día será sometido a votación no
Senado. Os estudantes, pola súa banda, convocaron unha xornada de folga.
En concreto, e de acordo coas informacións que recolle a axencia Europa
Press no seu portal web, as asociacións de pais de alumnos e os
sindicatos docentes que integran a plataforma porán en marcha un acto o
día 20 pola mañá para visibilizar "a volta á educación en Branco e Negro", é dicir, ao "período predemocrático" que na súa opinión, suporá a aprobación da reforma educativa.
Así mesmo, celebrarán manifestacións en distintas cidades ao longo de
toda a xornada convocadas polas respectivas plataformas territoriais en
defensa da escola pública contra a política do ministro de Educación,
José Ignacio Wert, tanto en materia de reformas como de axustes
orzamentarios.
Pola súa banda, o Sindicato de Estudantes, que tamén forma parte da
Plataforma, chamou á folga o alumnado de todas as etapas educativas para
esa mesma xornada.
Ningún comentario:
Publicar un comentario