Para a Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público a promulgación deste decreto e a súa aplicación supón,”conculcar o dereito á educación, que é fundamental, e tamén a obriga de escolarización de todo o alumnado até 16 anos”.
A Plataforma Galega en Defensa do Ensino
Público presentou recurso contencioso administrativo diante do Tribunal
Superior de Xustiza de Galiza contra o decreto polo que se regulan
os comedores escolares dos centros docentes públicos non universitarios.
Para a Plataforma a promulgación deste decreto e a súa aplicación
supón, “non só conculcar o dereito á educación, que é fundamental,
senón tamén a obriga de escolarización de todo o alumnado até 16 anos”.
A medida supón eliminar a gratuidade do comedor escolar ao alumnado transportado, incrementar os prezos nunha media de máis do 40% nos comedores xestionados directamente pola Consellaría de Educación.
“Trátase dunha medida que se suma aos continuos recortes que a Consellaría está a aplicar no ensino público mentres destina máis de 240 millóns de euros cada ano ao ensino privado concertado, incluídos os centros que segregan alumnado por razón de xénero”.

Ningún comentario:
Publicar un comentario