Os organizadores confían en captar, ao longo de tres semanas de votación, un rexeitamento masivo ás políticas do Goberno
Os defensores da educación pública sosteñen que as últimas medidas marcan a volta a un sistema no que as posibilidades económicas son determinantes
A Plataforma Estatal pola Escola Pública deu comezo na tarde deste luns a unha consulta cidadá que se estenderá ao longo das próximas tres semanas. A votación iniciouse ás 17:00 horas coa posta en marcha do primeiro punto de recollida de firmas na Porta do Sol, en Madrid. O obxectivo da iniciativa é pulsar a opinión dos cidadáns acerca das políticas educativas do Goberno e sobre os recortes que se aplicaron nesta materia.
A papeleta de votación consta de dúas preguntas: " Rexeita os recortes en Educación? " y " Rexeita as políticas educativas do Goberno central? ". O texto que se entrega aos votantes subliña que os recortes en educación "se argumentan [dende o Goberno] pola situación económica", pero insiste en que esas decisións terán "graves repercusións no sistema educativo". Ademais, asegúrase que as medidas terán consecuencias "máis prexudiciais a medio e longo prazo". Entre estes efectos, sinálase un regreso a un sistema "baseado na selección do alumnado para que o progreso nos estudos estea marcado polas posibilidades económicas das familias".
Durante as primeiras horas de votación, a satisfacción foi a tónica dominante entre os organizadores da plataforma, que integra, entre outros, aos sindicatos CCOO, UGT, o Sindicato de Estudantes, o Sindicato de traballadores do Ensino e a FAPA Francisco Giner de los Ríos. Miguel Latorre, secretario de educación pública de UGT en Madrid explicou que ás sete da tarde xa se superaran os dous millares de votos en internet e que a resposta foi positiva tamén na rúa: "A xente percibe os ataques á pública, senten que a base do Estado de Benestar está a ser atacada", engadiu.
"Queremos que a xente participe e opine", dixo José Luis Pazos, presidente da FAPA Francisco Giner de los Ríos. De igual forma, Pazos mostrouse convencido de que unha abafadora maioría se significará en contra dos recortes e das medidas adoptadas polo ministro Wert nos últimos meses. "Somos moitos os que estamos preocupados pola educación", insistiu Isabel Blanco, vicepresidente da federación.
Ao longo das próximas semanas -recolleranse votos ata o día 13 de outubro-, iranse sumando mesas en diferentes puntos de toda España organizadas por voluntarios: centros educativos, Concellos, Deputacións, centros sanitarios... Calquera lugar é bo, manifestan os organizadores, para recoller firmas e votos. O obxectivo, explicaron fontes de UGT, é lograr que haxa unha mesa de votación en cada centro. Dende o sindicato tamén aseguraron que partidos como Esquerda Unida e o PSOE tamén se achegaron aos organziadores da consulta e que sondaron a posibilidade de colaborar na recollida de firmas ou, polo menos, de prestar o seu apoio.
Pola súa parte, Mariña Mata e Alberto Domínguez, do Sindicato de Estudantes, recalcaron a necesidade de "defender a escola pública" e de denunciar a actitude do ministro de Educación, José Ignacio Wert. "É hora de que deixe de rir de todos nós", insistía Mata, estudante de segundo curso de Grao en Economía. Especialmente molestos mostráronse por recente a suba de taxas, tanto na universidade pública coma nos ciclos de Formación Profesional. "Hai dous anos non se pagaban taxas, o ano pasado foron 180 euros e este ano todo apunta a que serán 400 euros", explicaba Domínguez, estudante de Comercio Internacional.
Unha vez conclúa o proceso de recollida de firmas e votos, entregaranse os resultados ao presente do Goberno no Pazo da Moncloa.
INFORMACIÓN E SUXERENCIAS SOBRE ACTIVIDADES FORMATIVAS E OUTRAS CUESTIÓNS RELACIONADAS COA EDUCACIÓN DOS ALUMNOS DO C.E.I.P.
luns, 18 de novembro de 2013
A rúa vota contra os recortes en Educación
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario