Ante os feitos acontecidos o pasado xoves en Compostela, no
que dous mozos foron agredidos por uns/unhas descerebrad@s,
queremos amosar a nosa solidariedade co colectivo LGTBI e rexeitar, máis unha vez, os ataques ás/aos LGTBI e, aos dereitos humanos en xeral.
Cremos na necesidade dunha educación na
tolerancia e diversidade, para reducir a discriminación ao colectivo
LGTBI e para conseguir que a sociedade sexa consciente de que unha
persoa non posúe ningún tipo de “patoloxía emocional” en función da súa
orientación sexual, e que o afecto non se mide en función do xénero da
persoa á que se dirixe.
Polo tanto, debemos segir traballando para reducir e
eliminar a discriminación que gais, lesbianas, transexuais e bisexuais
sofren a diario, especialmente as e os máis novos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario