Inclúe unha vintena de medidas urxentes para mellorar o ensino nas zonas rurais, no marco dunha política integral destinada á "dignificación" destas áreasA plataforma, na que participan AS-PG, Nova Escola Galega, CIG Ensino, CCOO, CSI-F, STEG, UGT e a Asociación socioeducativa Antonio Gandoy (antes Preescolar na Casa), presenta este documento fronte "ás políticas involucionistas da administración educativa galega en materia de educación no mundo rural", sinalando que "a asfixia da educación no medio rural insírese no mesmo proceso de desmantelamento que está a padecer o rural no seu conxunto". Engaden que "o potencial que a escola, xunto con outras entidades, podería exercer como dinamizadora das comunidades rurais está sendo ignorado no marco actual da política autonómica".
"A asfixia da educación no medio rural insírese no mesmo proceso de desmantelamento que está a padecer o rural no seu conxunto"A este respecto sinalan que se fai necesario "cambiar os plans destrutivos instalados durante sete décadas para acadar un novo enfoque, no marco dunha política xeral de fomento e dinamización do medio rural galego. A nova política educativa para o rural debería integrarse nun proxecto global de desenvolvemento comunitario". Ese proxecto, din, "debería partir dunha análise rigorosa e recoñecer os erros cometidos nas anteriores décadas" e recomendan observar o que "se está a facer noutras comunidades autónomas, nas que de facto se fomentan as posibilidades da escola rural".
Destacan que "fronte á primacía do criterio económico curtopracista e miope que afonda no desequilibrio territorial, cómpre primar os dereitos da infancia a recibir atención educativa no seu medio durante as primeiras etapas, como forma de dignificar o mundo rural, chave para reverter o proceso de abandono e despoboamento".
"A dignificación do medio rural tense que concibir non só nas escolas rurais, senón a nivel de todo o sistema educativo galego"Finalmente, subliñan que "a dignificación do medio rural tense que concibir non só nas escolas rurais, senón a nivel de todo o sistema educativo galego. Á marxe de onde habitemos, as nosas raíces principais como pobo, aquelas que conforman o cerne da nosa identidade, en boa medida teñen no rural a súa orixe". "Faise necesario polo tanto poñer de manifesto os valores positivos da escola rural", engaden, recoñecendo "a valía da escola rural como pioneira de avances pedagóxicos na renovación dos sistemas educativos".
"Non renunciamos nin renunciaremos ao mellor que a nosa sociedade merece"O documento conclúe que "non renunciamos nin renunciaremos ao mellor que a nosa sociedade merece. Por moito que se nos fale de crises, recortes e demáis estratexias destinadas a acabar co ensino público, favorecer ao privado, empobrecer a sociedade e enriquecer os petos do gran capital".
Unha vintena de medidas
O documento esixe da administración galega unha nova política educativa contemplada nun plan de educación específico para o rural, entendendo "por centros de ámbito rural non só as poucas escolas unitarias que se mantiveron, senón tamén calquera centro escolar (CEIP, CPI, IES, …) con alumnado que maioritariamente procede do ámbito rural". Para iso demandan unha vintena de medidas, entre as que destacan:- Un plan de desenvolvemento socioeconómico coordinado entre as distintas consellerías para frear e reverter o proceso de despoboamento do rural, fomentando actividades económicas que fixen poboación de forma estable, aproveitando os recursos da terra sen destruílos, e garantindo a oferta de servizos públicos á poboación rural
- Poñer a andar un proxecto educativo específico axeitado ao medio rural, elaborado participadamente coa comunidade educativa e que responda ás necesidades reais actuais do mundo rural, dentro dun marco de desenvolvemento global endóxeno e dun tratamento de discriminación positiva.
- Fornecer todas as escolas rurais dos medios humanos e materiais precisos para unha educación de calidade, incluíndo todos os especialistas de educación infantil e educación primaria, así como o persoal de apoio necesario
-
Reformular a atención educativa á etapa 0‐6, integrando no sistema
educativo o ciclo 0‐3, entendendo que a atención educativa debe
formularse
dende unha perspectiva global e comunitaria coa familia, tomando como modelo Preescolar na Casa. - Manter as escolas unitarias existentes. Frear o peche de centros e a redución de unidades. Manter a ESO nos centros rurais.
- Adecuar a oferta formativa en BAC e FP á realidade da contorna dos centros rurais.
- Estender o transporte gratuíto a BAC e FP nos IES de zonas rurais.
- Manter a gratuidade dos comedores escolares para aquel alumnado que use o transporte escolar, sendo desexable que se estenda o servizo de comedor a todo o alumnado
- Implicar as universidades galegas nun plan de formación inicial do profesorado que contemple especificamente a educación no medio rural.
- Promover a adaptación do currículo á realidade rural galega, integrando plenamente no día a día de todas as escolas a cultura popular e os saberes tradicionais en proceso de desaparición.
- Estimular a participación activa das familias na escola.
Ningún comentario:
Publicar un comentario