Un 39% dos cidadáns considera que Euskadi non debería aplicala, aínda que iso supoña enfrontarse ao Goberno central.
A metade dos cidadáns vascos rexeita a lei Wert
e case o 40% considera que o Goberno vasco non debería aplicala, aínda
que iso lle supoña un enfrontamento co Executivo central. Son dúas das
principais conclusións dun Sociómetro centrado na educación que fixo
público esta mañá o Gabinete de Prospección Sociolóxica do Executivo.
Malia un elevado nivel de descoñecemento (un 27% dos enquisados non oíu falar da Lei Orgánica de Mellora da Calidade da Educación), o rexeitamento á normativa que está a punto de sacar adiante o Goberno central é maioritario en Euskadi: un 39% está "totalmente en desacordo" con ela, porcentaxe á que se suma outro 13% que di estar "bastante en desacordo". Pola contra, só un 5% apóiaa, entre os que din estar "totalmente" ou "bastante" de acordo co seu contido. Mesmo entre o electorado do PP a porcentaxe dos que rexeitan a lei é similar ao dos que a apoian. Precisamente son os votantes populares os que menos oíron falar da lei Wert (un 45%, un total de 19 puntos por enriba do seguinte electorado menos informado).
Os cidadáns son preguntados sobre seis aspectos concretos da lei sobre todos eles a súa opinión amplamente maioritaria é negativa. Destaca o rexeitamento á maior presenza do castelán e menor do éuscaro no sistema educativo, segundo a formulación da pregunta (un 73% entre os que o consideran "mal" e "moi mal") ou a maior importancia que se dá á materia de relixión (un 72%).
Respecto á actuación que debería ter o Goberno vasco con respecto á lei, existen dúas opinións principais, cada unhas das cales é compartida por un 39% dos sondados: non aplicala, aínda que supoña un enfrontamento co Executivo central e negociar con este último para non aplicar todo o seu contido. Apenas un 6% dos sondados opina que debería aplicala.
Un terzo da cidadanía opina que o funcionamento da educación na comunidade autónoma é mellor que hai dez anos, un 21% vea igual e un 29% considera que empeorou. A maioría (un 61%) opina que o sistema educativo é mellor no País Vasco que no resto da España e o 45% que é peor que no resto de países da Unión Europea.
Os cidadáns aproban o sistema educativo vasco en case todos os aspectos analizados. A formación do profesorado é o apartado que obtén maior puntuación (6,7 nunha escala de 0 a 10). Ségueno o apoio aos alumnos con dificultades de aprendizaxe (5,8), a integración de inmigrantes (5,7), o número de alumnos por profesor (5,4) e a autoridade do profesorado ante os alumnos (4,9).
Respecto aos recursos dedicados á educación por parte do Executivo autónomo, a poboación divídese practicamente en dúas metades: os que opinan que se dedican os xustos (44%) é lixeiramente inferior aos que cren que se dedican menos recursos dos necesarios (45%).
En comparación con 2004, aumentou de forma notable a percepción de que non se dedican recursos abondo; de feito, un 39% cre que o Goberno dedica á educación menos recursos que hai unha década. Aínda así, a maioría (52%) cre que en Euskadi se dedican a educación máis recursos que noutras comunidades autónomas.
Respecto ao cumprimento de diversos obxectivos polos alumnos cando finalizan a educación obrigatoria, a opinión máis estendida é a dos que cren que a maioría dos estudantes logran falar e argumentar correctamente (6,1 nunha escala de 0 a 10), coñecemento de operacións matemáticas básicas (6,1), actitude positiva cara á ciencia e o razoamento (5,7), actitude favorable á lectura (5,5), nivel cultural abondo (5,5), motivación para seguir estudando ao longo da vida (5,5), autonomía persoal para a vida adulta (5,2), estilo de vida saudable e rexeitamento ás substancias daniñas (5,1), e formación e habilidades para conseguir un emprego (5,1).
En canto ao coñecemento de idiomas, os sondados valoran cun 7,5 nunha escala de 0 a 10 o coñecemento de castelán ao finalizar o ensino obrigatorio, con 6,9 o do éuscaro, 4,9 o do inglés e 2,8 o doutras linguas. Un 53% estima que é positivo que nas clases haxa alumnos máis adiantados e outros máis lentos, porque os primeiros tiran dos segundos, mentres que un 28% o considera negativo.
Con respecto ao modelo lingüístico preferido, o máis mencionado é o modelo trilingüe (39%), seguido do modelo D (30%), o B (21%) e por último o A (5%).
O Sociómetro inclúe tamén un apartado político xeral. Ningún dos partidos obtén o aprobado da cidadanía. A puntuación máis alta é a do PNV (4,3), seguido por EH Bildu (3,6) e PSE (3,1). Quedan por debaixo dos tres puntos IU-Ezker Anitza (2,9), EB (2,8), Equo (2,3), UPyD (1,9) e por último PP (1,7).
O lehendakari, Iñigo Urkullu, é o único líder político que alcanza o aprobado (5,2) e o único ao que aproba a maioría da poboación (58%). Ségueno en valoración Laura Mintegi (4,8), Patxi López (4,1), Arantza Quiroga (3,2) e Gorka Maneiro (2,8). Todos os líderes políticos vascos estudados melloran a súa puntuación con respecto a abril.
Un 25% da poboación móstrase de acordo coa independencia do País Vasco, un 31% estaría ou non de acordo segundo as circunstancias e un 29% está en desacordo.
Un total de 2.289 persoas maiores de 18 anos foron entrevistadas para a sondaxe entre o 8 e o 15 de outubro pasados (513 en Álava, 1.144 en Bizkaia e 632 en Gipuzkoa).

Ningún comentario:
Publicar un comentario