Traballador@s da televisión pública denuncian o silencio a respeito do acontecido no protesto do 20 de novembro contra a LOMCE.
Quince segundos de imaxes e unha breve declaración de Pablo Álvarez, secretario xeral do Sindicato de Estudantes, en que reclamou a demisión de Wert. Foi todo o tempo que a TVG dedicou no seu informativo á manifestación contra a LOMCE que se realizou en Vigo o 20 de novembro e que se saldou con violentas cargas policiais contra o estudantado.Todo isto malia que, segundo denuncian @s traballador@s da televisión pública a través do blogue Eu non manipulo, a canle si dispuña de "moitas e moi boas imaxes" das detencións e das agresións practicadas polos antidisturbios, pois as cargas producíronse nas inmediacións da delegación que a TVG ten na cidade olívica.
Porén, no canto de o aproveitar, a televisión pública "facilitou" o material gravado pol@s profesionais da casa "a outras canles que si fixeron uso del". Namentres, o telexornal local de Vigo abriu coa nova de que o ministro de Interior, Jorge Fernández Díaz, visitou ese mesmo día a comisaría da policía española, na rúa López Mora, para a inaugurar.
Ningún comentario:
Publicar un comentario