CIG-Ensino convoca para este 19 de novembro unha concentración perante a xefatura territorial de Educación en Pontevedra cadrando coa entrega das firmas no rexistro. Alfonso Malvido foi expedientado por demorar nun día o inicio do curso escolar ao non contar o centro con profesorado suficiente.
Unha decisión "absurda e sen sentido" coa cal a Xunta pretende "castigar o discrepante". Así cualificou a asociación de nais e pais do alumnado do IES Illa de Arousa o expediente sancionador que a consellaría de Educación abriu contra o director do centro, Alfonso Malvido, após demorar o inicio do curso escolar un día para cadrar ben os horarios do profesorado.Para esta terza feira día 19 de novembro a CIG-Ensino ten convocada unha concentración perante a xefatura territorial de Educación en Pontevedra (11h), en coincidencia coa entrega no rexistro de centos de sinaturas en prol da retirada do expediente.
A mobilización serviu para que a consellaría adxudicase máis un profesorMalvido tomou a decisión de demorar o inicio do curso previa consulta co resto de profesor@s e coas nais e pais, que estiveron de acordo. O conflito neste centro educativo encetou canda o ano académico, no momento en que a Xunta comunicou a súa decisión de reducir o cadro de persoal docente. A Anpa e o alumnado empapelaron o IES con cartaces rexeitando este recorte e a mobilización serviu para que a consellaría adxudicase máis un profesor.
Porén, o departamento que dirixe Jesús Vázquez comunicou a recuada o mesmo día en que encetaba o curso, polo que a dirección decidiu demorar o inicio un día para conseguir cadrar os horarios. Foi hai un mes cando a consellaría comunicou a apertura do expediente no cal reprochan a Malvido a mudanza no calendario escolar "sen consultalo coa inspección nin coa xefatura".
Ningún comentario:
Publicar un comentario