Son Madrid, Castela e León, Castela-A Mancha, Baleares e Canarias.
Cinco comunidades autónomas eliminaron nos últimos anos o complemento
que poñían dos seus presupostos para os bolseiros Erasmus: Madrid,
Castela e León, Castela-A Mancha, Baleares e Canarias (aínda que neste
caso si o dan os cabidos das illas). Outras recortáronos e ofrecen unha
axuda case testemuñal, polo número de alumnos ao que chegan -como as 194
axudas de 250 euros mensuais do Goberno de Aragón, habendo uns 1.000
erasmus ao ano na comunidade- ou polo importe: en Murcia, o Executivo
ofrece 26 euros mensuais que paga a curso vencido; agora estase a
repartir a axuda de 2012-2013, informa a Universidade de Murcia. Estas
cantidades súmanse aos entre 215 e 300 que todos os alumnos obteñen da
Comisión Europea e, aínda este ano, do Ministerio de Educación.
As axudas a este prestixioso programa de mobilidade estudantil entre os centros europeos de educación superior estivo nos últimos días no centro da polémica. O ministerio viuse obrigado o martes, polas presións internas do PP, dos estudantes e, mesmo, de Bruxelas, a rectificar a súa decisión, tomada co curso xa empezado, de conceder a axuda do Goberno central só aos erasmus que á vez sexan beneficiarios dunha bolsa xeral (as destinadas aos alumnos con baixos recursos económicos). Finalmente, todos recibirán polo menos o mesmo que o curso anterior (un mínimo de 100 euros), ademais do diñeiro procedente da Comisión Europea, que este ano quedou reducido a 115 euros.
Pero a cantidade final que conseguen os alumnos pode variar enormemente en función da comunidade de residencia, a renda e a nota do alumno. Así, La Rioja dá 160 euros ao mes a todos os seus erasmus; Extremadura, 150; País Vasco, 120; e entre 70 e 78 ofrece a Xunta de Galicia. Andalucía empezou o ano pasado a repartir o diñeiro -entre 100 e 250 euros mensuais- en función do destino: máis para países como Luxemburgo ou Suecia; menos para Letonia ou Polonia. Así mesmo, aos que teñan menos recursos danlles un extra de entre 50 e 125 euros.
O criterio de renda é o que usan algunhas comunidades para repartir as súas axudas que non son universais para todos os erasmus, senón que alcanzan ata onde chegue o presuposto destinado ao caso. Así acontece en Aragón (250 euros mensuais) e en Asturias (200).
Outras, non obstante, reparten as axudas en función das notas. Cataluña ofrece 200 euros ao mes aos que teñan máis dun 5,7 de nota media nas carreiras técnicas e un 6,3 no resto (o curso pasado chegaron a case 1.900 erasmus). Navarra dá 90 euros aos mellores expedientes ata que se remata o presuposto e en Cantabria faise o mesmo ao repartir cantidades únicas (1.500 euros para estanzas de todo o curso e 1.000 para menos tempo). En Galicia, os universitarios con máis dun 6,63 reciben outros 500 euros extra. A Comunidade Valenciana, pola súa banda, conxuga ambos os dous criterios -renda e rendemento académico- para conceder a súa axuda de entre 60 e 90 euros mensuais.
Tamén hai universidades que seguen ofrecendo unha pequena achega a pesar dos tempos que corren. Baleares dá 350 euros por curso aos erasmus con mellores notas (este ano son 61 dos 162), Oviedo reparte un presuposto duns 185.000 euros entre todos (o ano pasado tocáronlles 30 euros mensuais a cada un) e Murcia, entre 10 e 15. Distintos Concellos e entidades bancarias ofrecen así mesmo complementos en distintos puntos de España.

Ningún comentario:
Publicar un comentario