A marea verde contra a nova lei de educación, a Lomce, arrincou
ao redor das 12.20 horas en Valladolid, composta por unhas 300 persoas,
que se dirixen desde a Consellería rexional de Educación á sede onde se
celebra a convención nacional do PP, situada a uns 500 metros.
Ao berro de Nin un paso atrás contra a Lomce, ímola parar, os
manifestantes, convocados polo movemento escola pública laica e gratuíta
iniciaron o percorrido ata o Centro Cultural Miguel Delibes, que desde
onte acolle a Convención nacional do PP, e que hoxe contará entre os
seus intervinientes co ministro de Educación, José Ignacio Wert.
A marcha secúndaa un centenar de colectivos entre eles EU, Alternativa
Universitaria, e as ramas de ensino de CC OO, CGT, FETE-UGT e STE-CYL.
Ningún comentario:
Publicar un comentario