mércores, 26 de febreiro de 2014

Euskadi recorre ao Constitucional a 'lei Wert' e outros dous textos normativos máis


O Goberno vasco aprobou hoxe unha nova quenda de recursos de inconstitucionalidade contra leis promovidas polo Goberno central. O de hoxe foi a quenda do recurso tantas veces anunciado en contra da Lei Orgánica para a Mellora da Calidade Educativa (LOMCE), o recurso contra a Lei de Garantía da Unidade de Mercado e contra a de Avaliación Ambiental, aprobadas en 2013. Todos eles se presentarán ante o Tribunal Constitucional e non se resolverán, tal e como recoñeceu a conselleira de Educación, Cristina Uriarte, en "anos".
O Executivo baseou a súa argumentación nos recursos -contra 19 artigos da lei Wert, 20 artigos e disposicións adicionais da do mercado e trece da de avaliación ambiental- maioritariamente en cuestións de invasión competencial, seguindo a estratexia que decidiron tomar cando o PNV recuperou o poder en decembro de 2012.
Uriarte recoñeceu que, malia o recurso no caso da LOMCE, Euskadi deberá aplicala porque a lei, que recibirá os recursos doutros Executivos autonómicos e do PSOE -tamén hai un compromiso de derrogala entre os grupos da oposición nas Cortes Xerais-, porque o Tribunal Constitucional non deixa sen efecto a normativa estatal recorrida polas comunidades autónomas. No sentido contrario, un recurso do Goberno central contra normativa autonómica, si supón unha suspensión temporal automática da vixencia da lei ou o decreto recorrido. A conselleira asegurou "que o currículo vasco que se inclúe no proxecto Heziberri 2020 que mañá presentará aos axentes educativos "non" é unha ferramenta contra a LOMCE".

Ningún comentario:

Publicar un comentario