A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público fai un chamamento a apoiar e facilitar a participación na folga.
A Plataforma Galega en Defensa do Ensino
Público, da que a CIG-Ensino forma parte, fai un chamamento aos centros
e ao profesorado para que faciliten a participación do estudantado na
folga do 20 de febreiro convocada polas organizacións estudantís
galegas.
A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público fai un
chamamento aos centros e ao profesorado para que faciliten a
participación do estudantado na folga do 20 de febreiro convocada polas
organizacións estudantís galegas. Esta folga ten como obxectivo
denunciar os recortes na educación e as consecuencias que traerá consigo
a aplicación da LOMCE, polo que ten de privatizadora, clasista,
confesional, españolizadora e uniformizadora, e de desmantelamento do
ensino público galego.A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público
anima ao profesorado a que, na medida das súas posibilidades, tamén
participe nas mobilizacións convocadas.
Ligazón ao manifesto e mobilizacións convocadas:
- Santiago de Compostela: Alameda
- A Coruña: Praza de Vigo
- Lugo: Edificio Intercentros ás 11:30 e na Horta do Seminario ás 12:00
- Ferrol: Praza de España
- Ourense: Rúa do Concello (diante da Xefatura Territorial de Educación)
- Pontevedra: Praza da Peregrina
- Vigo: Praza América
- Carballo: Praza do Concello
- Cee: Praza 8 de Marzo
- Ribeira: diante da estación de autobuses
- Moaña: diante do edificio do Concello
- Noia: Diante do IES Virxe do Mar
- Ponteareas: Rúa Feliciano Barrera
- Pontedeume: porta do I.E.S. Breamo (ás 10h)
- Ribadeo: diante do IES de Ribadeo
- Sarria: Praza da Vila
- Verín: Avda. de Portugal-Diante IES Xesús Taboada Chivite
- Vilalba: Praza da Constitución
- Vilagarcía: Praza de Galiza
Ligazón ao manifesto e mobilizacións convocadas:
- Santiago de Compostela: Alameda
- A Coruña: Praza de Vigo
- Lugo: Edificio Intercentros ás 11:30 e na Horta do Seminario ás 12:00
- Ferrol: Praza de España
- Ourense: Rúa do Concello (diante da Xefatura Territorial de Educación)
- Pontevedra: Praza da Peregrina
- Vigo: Praza América
- Carballo: Praza do Concello
- Cee: Praza 8 de Marzo
- Ribeira: diante da estación de autobuses
- Moaña: diante do edificio do Concello
- Noia: Diante do IES Virxe do Mar
- Ponteareas: Rúa Feliciano Barrera
- Pontedeume: porta do I.E.S. Breamo (ás 10h)
- Ribadeo: diante do IES de Ribadeo
- Sarria: Praza da Vila
- Verín: Avda. de Portugal-Diante IES Xesús Taboada Chivite
- Vilalba: Praza da Constitución
- Vilagarcía: Praza de Galiza
Ningún comentario:
Publicar un comentario