Wert é o branco de todas as iras, mesmo algunhas dentro do PP
Mantense firme no seu posto co apoio de Rajoy
Os recortes nos presupostos públicos para escolas e universidades
(máis de 7.300 millóns de euros entre 2010 e 2014, un 16% de baixada) e
unha reforma educativa que levantou no seu contra a boa parte dos
profesores, alumnos, pais e oposición parlamentaria (a Lomce, recén
aprobada) conformaron a madeixa na que están envolvidos hoxe a política
educativa e o ministro do ramo, José Ignacio Wert.
Branco de todas as iras (mesmo dalgunhas dende dentro do PP), Wert mantense firme no posto co apoio de Rajoy a pesar da súa delicada situación, agravada en varios momentos, sobre todo, por polémicas en torno ás bolsas: polo endurecemento dos requisitos para obter as axudas a alumnos con escasos ingresos e o recorte das bolsas Erasmus.
Agora, chega unha posta en marcha da lei que se prevé tamén espiñenta pola falta de diñeiro e o afán dos opositores de que non chegue a aplicarse. Os seguintes obxectivos do ministerio son a reforma universitaria e un estatuto que fixe unha carreira profesional para os profesores da escola pública que, sen dúbida, serán tamén polémicos, non só polo contido que poidan ter, senón pola situación de guerra aberta que vive hoxe a educación.

Ningún comentario:
Publicar un comentario