xoves, 20 de febreiro de 2014

Presentación do novo corpus dixital do ‘Tesouro do léxico patrimonial galego e portugués’

O proxecto internacional 'Tesouro do léxico patrimonial galego e portugués’ traballa dende o ano 2007 no rexistro e integración nun único banco de datos dun amplo número de repertorios léxicos galegos, portugueses e brasileiros con referenciación xeográfica concreta das voces contidas neles. Agora, esta iniciativa vaise poñer a disposición das persoas interesadas de xeito libro e gratuíto nun corpus dixital que se presentará este xoves 20.
 
A presentación das particularidades e característica deste proxecto celebrarase nunha rolda de prensa na que participarán o vicerreitor de Investigación e Innovación, Francisco González, a coordinadora do proxecto, Rosario Álvarez Blanco, e o director do Instituto da Lingua Galega da USC (ILG), Ernesto González Seoane. 
 
O traballo conta coa colaboración, ademais dos investigadores do ILG, de equipos de varias universidades de Brasil e Portugal.

Ningún comentario:

Publicar un comentario