Poden concorrer os estudantes e adultos que convivan con eles.
A Federación de Asociacións de Pais e Nais (Anpa) da provincia de
Pontevedra, Fanpa, convoca tras o éxito de participación da edición
anterior o segundo Certame de Relato Curto. O prazo de inscrición está
aberta ata o próximo día 28. Poderá participar alumnado de primaria,
secundaria e bacharelato dos distintos centros públicos da provincia,
así como os adultos que conviven con eles.
Os traballos gañadores e os finalistas serán publicados nun libro pola editorial Kalandraka. Os premios en cada categoría serán: Un libro con todos os relatos vencedores e finalistas; un vale de 200 euros; un lote de libros da citada editorial; e unha lámina dixital autenticada polo ilustrador da publicación. Este certame organízase coa intención de fomentar a creatividade entre o alumnado e potenciar a súa expresión e comprensión lectora. Impulsar o uso da lingua galega e facilitar as posibilidades de publicación de novos creadores son outras das intencións.

Ningún comentario:
Publicar un comentario