Segundo vén de acordar a súa xunta directiva, a Confederación buscará unha "reivindicación conxunta" en toda a comunidade educativa galega. Así, cada federación de Anpas reimitirá "un escrito de reivindicación" a cada asociación de nais e país, que á súa vez a trasladará a todas as súas asociadas e asociados. Trátase, explica o presidente da Confederación, Javier Sánchez, de que esta sexa visualizada como o que é, unha "demanda de base" que regresará á Confederación para ser trasladada á Consellería de Educación.
A Confederación de Anpas inicia unha campaña a prol do préstamo de libros de textoEsta recollida de apoios e outros actos reivindicativos serán a base dunha campaña baseada, explica Sánchez en conversa con Praza, na necesidade de que o ensino público sexa gratuíto tamén no ámbito do material. "Non só o cremos nós", sinala, remitíndose a un recente informe da Defensora del Pueblo no que "di que non se entende a gratuidade do ensino se non se facilitan todos os medios". A comisionada, sinala, avoga por varios modelos de para os libros de texto e "nós cremos que o préstamo é o ideal". Non en van, lembra, nos últimos anos son as propias Anpas as que estań a "subtituír á Administración", organizando bancos de libros para evitar que as familias teñan que pasar por caixa cada comezo de curso.
A LOMCE, unha dificultade engadida
Esta nova campaña ten como horizonte o curso 2014-2015, o primeiro coa LOMCE en vigor. Os cambios curriculares que introduce a coñecida como Lei Wert implicarań tamén un "gasto extraordinario" en libros, sinala Javier Sánchez, xa que os cambios de contidos invalidan boa parte dos manuais que manexan os devanditos bancos de libros. Non obstante, advirte, "aínda que a LOMCE non mudase os currículos reivindicaríamos o mesmo", máis aínda agora, que "xa se poden botar números" e chegar á conclusión de que o modelo da Xunta do PP é "moito máis caro" que o anterior."É moito máis pedagóxico ensinar a compartir que a ter cada un a súa propiedade"A consellería de Jesús Vázquez, lembra a Confederación, eliminou o préstamo e implantou as subvencións parciais apelando ao aforro e nun primeiro momento "foi máis barato, porque aínda se reutilizaban libros que había nos centros", que se renovaban cada catro anos. "Pero agora hai que mercar todos os libros cada ano", polo que xa desapareceu o aforro de cartos e tamén "o aforro material e ecolóxico" que supuña ter que utilizar menos manuais, advirte.
Neste sentido, Sánchez dubida tamén da apelación pedagóxica na que se apoiou a Xunta para defender que cada estudante teña os seus propios libros: a creación dunha caste de "biblioteca" en cada fogar. "O material de texto haino nas bibliotecas públicas", evidencia o presidente da Confederación, en cuxa opinión hoxe en día habería, ademais, que tender a "métodos de ensino" que xa non están centrados no libro. ter manuais escolares non é "pedagóxico nin necesario", toda vez que é "moito máis pedagóxico ensinar a compartir e a reciclar que a ter cada un a súa propiedade".
Ningún comentario:
Publicar un comentario