As consellarías de Educación e Sanidade, rexentadas ambas as dúas polo PP, non foron quen de garantir que este dereito que o Tribunal Superior de Xustiza da Galiza recoñeceu ao persoal docente que depende da administración se asuma nos centros de saúde públicos. CIG-Ensino advirte dunha suba de custos do 40%.
O Tribunal Superior de Xustiza da Galiza ditou máis un auto en que obriga á consellaría de Educación a ofrecer recoñecemento médico anual ao profesorado. O alto tribunal galego sinala no seu escrito que este servizo ten que se ofertar con carácter de urxencia e que, en caso de se externalizar, o concurso deberá saír publicado no Diario oficial da Galiza na primeira quincena de abril, para se adxudicar na primeira de xuño.Que os recoñecementos se realizasen nos centros de saúde públicos porque suporía unha redución dos custos do 40% (886.984€ fronte aos 2.217.461€ que suporía externalizar o servizo)O primeiro auto do TSXG foille comunicado á consellaría o 16 de decembro de 2013, mais o departamento de Jesús Vázquez solicitou unha moratoria explicando que estaba a piques de asinar un acordo co Sergas para que os recoñecementos se realizasen nos centros de saúde públicos porque suporía unha redución dos custos do 40% (886.984 euros fronte aos 2.217.461 euros que suporía externalizar o servizo).
Na seguinte comparecencia fixada polo TSXG, o 10 de febreiro deste ano, a consellaría explicou que non foi posíbel asinar o acordo con Sanidade, polo que se contratará un servizo externo. Malia teren gañado o recurso en que se recoñece o dereito do profesorado ao recoñecemento médico, CIG-Ensino considera "inxustificado" e "vergoñento" que se privatice o servizo de prevención de riscos laborais.
Por tanto, a central nacionalista presentará unha queixa perante o Valedor do Pobo e levará unha pregunta ao Parlamento para que o presidente da Xunta explique as razóns polas que o acordo entre os departamentos de Jesús Vázquez e Rocío Mosquera non foi posíbel. Tamén o Tribunal Supremo obrigou a Xunta a garantir os recoñecementos médicos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario