No apartado de 25-29 anos, á Comunidade de Madrid séguelle Cantabria (47,8 %), Asturias (47,5 %) e Navarra (45,2 %). As comunidades citadas son as únicas que teñen unha porcentaxe superior ao 45 % de persoas da citada idade con estudos superiores.
Se falamos da poboación de 30 a 34 anos, ao País Vasco e Madrid séguenlles Asturias (49,2 %), Navarra (47,2 %) e Cantabria (46,6 %).
Pola contra, entre a poboación de 25 a 29 anos das distintas comunidades, Baleares (25,1 %) é a autonomía con menos porcentaxe de xente con educación superior, seguida por Murcia (29,9%), Andalucía (31 %), Castela-A Mancha (31,2 %) e Canarias (33,2 %).
No tramo de 30 a 34 anos, a lista de autonomías con menos poboación con estudos universitarios está encabezada por Murcia (26,8 %), Andalucía (31,8 %) e Baleares e Estremadura, ambas cun 31,9 %.
No entanto, as porcentaxes máis baixas entre persoas de 25-29 e 30-34 anos con estudos superiores atópanse nas cidades autónomas de Ceuta e Melilla, cun 20,3 e un 17,7 %, respectivamente.
Por outra banda, España sitúase por encima da media europea na porcentaxe de poboación de entre 25 e 34 anos con estudos superiores, un nivel similar ao doutros países cun mellor mercado laboral que o noso como Francia, Holanda, Suecia ou Suíza.
Segundo "Focus on Spanish Society", o boletín editado pola Fundación das Caixas de Aforros (Funcas) e que recolle datos da oficina de estatísticas da Comisión Europea Eurostat, a porcentaxe de mozos españois de entre 25 e 34 anos con título universitario é dun 37 %, mentres que a media europea é do 26%, de cordo a datos entre 2003-12.
Se distinguimos por sexos, a maior porcentaxe de poboación feminina na franxa 25-29 anos con estudos superiores rexístrase en País Vasco (64,8 %), Navarra (58,7 %), Aragón (53,3 %), Galicia (52,5 %) e Cantabria (52 %).
Nesa franxa de idade, a maior porcentaxe de homes con estudos superiores está en País Vasco (57,8 %), Madrid (47,4 %) e Navarra (44,4 %).
Entre a poboación de 30 a 34 anos, as mulleres volven ocupar maior porcentaxe de poboación con estudos universitarios, situándose na cabeza o País Vasco (61,1 %), seguido por Asturias (52,8 %), Cataluña (51,8 %) e Madrid (50,7 %).
Nos mesmos parámetros pero entre a poboación masculina, País Vasco ten un 57,1 %, e a continuación atópanse Madrid (48,3 %), Asturias (45,6 %) e Cantabria (43,5 %).
Ningún comentario:
Publicar un comentario