Os pequenos da escola do Saltiño, en Boiro, practican diariamente ioga xunto á súa mestra SusanaTodo grazas a que diariamente practican ioga xunto á súa mestra Susana Couso (cinzacinza@gmail.com). Integrada dentro do horario do alumnado, a experiencia é tan positiva que mesmo un grupo de nais –e algún pai– acolleu con agradecemento o ofrecemento de Susana para lles ensinar o que ela sabe desta disciplina, fóra do horario escolar. Pola súa vez, Susana aprende con Ángel Sanchez (comicactiva@gmail.com), educador social de Barcelona e formador de formadores de ioga, que xa levou adiante algúns proxectos semellantes en escolas de Cataluña e Tenerife. Desde o curso pasado visita a escola do Saltiño a cada dous meses, facilitando a reflexión compartida sobre un traballo que,por tratarse dunha escola unitaria, carece da complicidade diaria con outras mestras.
Desde O patio das ideas achegámonos a Boiro para conversar con Susana e con algunhas nais sobre unha iniciativa da que non temos máis exemplos no país, pero que á vista dos resultados podería popularizarse no caso de coñecerse. Comezamos falando con Manuela, Sonia e Nadiuska, nais de Daniel, Alonso e Nadiuska.
O patio das ideas: Practicárades ioga antes, ou achegástesvos por primeira vez a el a través da escola?
Sonia: Eu non tiña moita idea sobre o ioga, pero notei que cada vez que viña Ángel, o neno estaba máis tranquilo. Asombra ver como o ioga lles axuda a calmarse; ver os 14 nenos e nenas da escola traballando quietos, tranquilos, coa música… Para nós, as clases de ioga son horas a maiores, pero vénnos moi ben.
"Está ben que aprendan de pequenos a recoñecer as emocións"O patio: Que credes que se pode aprender, con 3, 4 ou 5 anos de idade, do ioga?
Manuela: A capacidade de empatizar connosco. “Mamá está nerviosa…” di o meu fillo cando me enfado por algo. “Construímos silencio”, dime nesas situacións. Está ben que aprendan, así de pequenos, a recoñecer as emocións. Fanche pensar, a verdade…
Pode ler a entrevista completa no blog O patio das ideas, o blog sobre educación de Praza Pública.
Ningún comentario:
Publicar un comentario