Se estabas pensando nunha aplicación de mensaxería instantánea alternativa a WhatsApp, e dubidabas entre Line e Telegram, dende agora podes escoller tamén Galegram,
que emprega a estrutura de Telegram e é totalmente compatible con ela, e
non só está en dispoñible en galego (Telegram xa foi traducida hai un
par de semanas), senón que ademais incorpora unha personalización
gráfica con elementos do país.
Galegram foi desenvolvida por Mc'Apps e pódese descargar de
balde para calquera dispositivo que empregue Android. Para comezar a
utilizar Galegram hai que desinstalar primeiro Telegram (se estivese instalado), o que permitirá -ao instalar o Galegram- conservar as conversas, contactos, etc, previos. Os seus desenvolvedores salientan que Galegram mellora
as características de Telegram, ao permitir ocultar o estado en liña ou
introducir o modo walkie-talkie. E engaden que "os teus contactos con
Telegram non notarán ningunha diferenza", ao contar a
aplicación con todas as restantes características da aplicación
orixinal, coma a súa gratuidade, o encriptamento das mensaxes, o seu
funcionamento baseado na nube (o que permite o envío de arquivos de gran
tamaño) e a súa velocidade de envío.
Hai unhas semanas, ademais, anunciouse que un grupo de usuarios levara a
cabo a tradución ao galego de Telegram na súa versión Android. En
paralelo, Pablo Belay levara a cabo unha tradución ao galego da aplicación web non oficial, que se pode probar nos servidores de chuza.gl.
Este comentario foi eliminado polo autor.
ResponderEliminar