Como en anos anteriores proponse o 24 de febreiro como data para a conmemoración.
Como en anos anteriores, a CIG-Ensino
apoia a iniciativa da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua
Galega, AELG, para celebrar o día de Rosalía, e súmase á proposta de
celebrar a data agasallando un libro en galego e unha flor. Por iso
facemos un chamamento ao profesorado para que o 24 de febreiro
desenvolva actividades nos centros relacionadas con algunha obra da
escritora universal. Para a CIG-Ensino, segue sendo preciso que esta
data teña o relevo que merece. Rosalía de Castro foi a primeira
escritora en asumir a publicación dunha obra literaria integramente en
galego, dando un paso adiante fundamental para o noso idioma, un paso
sen o cal, talvez hoxe non teríamos nin sequera este presente cativo.
Rosalía Castro representa para todas e todos nós a defensa
inquebrantábel do idioma, a entrega total para que un día sexa unha
lingua plenamente normalizada. Esta visión de Rosalía debe ser tamén a
que ten esta Administración galegófoba que se nega a que o seu día veña
recollido no calendario escolar e que este ano retirou a data do
calendario do libro e da lectura. Por que temen a Rosalía?
Nun curso en que a LOMCE entra en vigor, nada mellor que lermos a nosa poeta para termos presente todo o que esta lei nos quere negar.
Desde a CIG-Ensino seguiremos insistindo, cando sexamos convocados para tratar o calendario escolar, en que o 24 de febreiro se inclúa como unha conmemoración centrada no recoñecemento e difusión da autora que simboliza o Rexurdimento da nosa lingua e a nosa literatura. Os desprezos manifestos da Consellaría non nos farán calar e seguiremos a sinalar os seus prexuízos e o seu autoodio.
Finalmente, animámosvos a que participedes nas lecturas colectivas que a AELG celebra en todo o país o luns 24 de febreiro e mesmo no acto nacional que se celebrará o domingo 23 no Pateón dos Galegos Ilustres.
Feliz día de Rosalía.

Ningún comentario:
Publicar un comentario