A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público apoia o paro estudantil convocado por Comités, Liga e AgirComo xa fixeran para anteriores folgas, como a do pasado 24 de outubro, as organizacións estudantís nacionalistas fan fronte común contra a Lomce e únense nunha xornada de mobilización a nivel galego. Hai catro meses, as protestas baleiraron as aulas e sacaron milleiros de persoas ás rúas galegas contra as rúas nunha convocatoria que era global e que incluía todo o espectro político progresista, así como o profesorado e as asociacións de pais e nais.
Desta vez, o estudantado é o protagonista nunha protesta "contra o españolismo, a privatización e o patriarcado no ensino". As tres organizacións estudantís denuncian "os innumerábeis recortes e reformas impostas é educacións pública", entre as que se inclúen o descenso e a supresión de bolsas, a suba das taxas universitarias, a redución nos comedores públicos ou a minimización do límite de prazas. Todo, segundo advirten, sobre o pretexto dunha crise económica "na que, paradoxalmente, aumentan as ganancias das grandes elites económicas e invístese diñeiro público en rescatar bancos ou manter iniciativas privadas".
Os convocantes denuncian "os innumerábeis recortes na educación pública" e unha Lomce "españolizadora, privatizadora e patriarcal"Segundo o manifesto das tres organizacións, e tal e como denuncian tamén asociacións de pais, sindicatos ou plataformas contra a lei Wert, a Lomce "reforza un programa ideolóxico sustentado na sumisión da muller ao home" ao dar maior importancia á relixión católica na educación e ao "aumentar o número de profesoras nesta materia". Ademais, "promove as asimetrías entre os xéneros ao financiar con diñeiro público os centros que segregan por sexo".
Os convocantes das mobilizacións advirten tamén de que xa están deseñados os bosquexos dos futuros programas educativos, todos eles de "marcado carácter retrógrado e promotor do capitalismo extremo e da mercantilización das mozas", din, e citan como exemplo a materia de Iniciativas Emprendedoras.
Agir, Liga e Comités denuncian tamén a "represión" sufrida por mozos en anteriores marchas contra os recortes en educación e cren que é "o estudantado da esquerda nacionalista" o que "debe tomar a iniciativa e continuar coas dinámicas mobilizadoras, combatendo a quen quere privar a clase traballadora e ás mulleres de acceder á educación de calidade e plantando cara a quen nos pretende asimilar como pobo".
O BNG apoia a folga estudantil deste xoves 20 contra unha Lomce que cualifica de “clasista, privatizadora e inconstitucional” e reclama á Xunta que leve ante o Tribunal Constitucional a norma por inconstitucional, xa que "invade as competencias do Estatuto de Autonomía, as competencias plenas que temos en materia de educación".
Anova, pola súa banda, di apoiar as mobilizacións e sumarse a elas xa que "os mozos e mozas deste país" non poden "permitir que o PP siga exercendo de verdugo dos estudantes".
Lugares e horarios das manifestacións
Santiago de Compostela: Alameda, ás 12.00
A Coruña: Praza de Vigo, ás 12.00
Lugo: Edificio Intercentros, ás 11.30, e na Horta do Seminario, ás 12.00
Ferrol: Praza de España, ás 12.00
Ourense: Rúa do Concello (diante da Xefatura Territorial de Educación), ás 12.00
Pontevedra: Praza da Peregrina, ás 12.00
Vigo: Praza América, ás 12.00
Carballo: Praza do Concello, ás 12.00
Cee: Praza 8 de Marzo, ás 12.00
Ribeira: diante da estación de autobuses, ás 12.00
Moaña: diante do edificio do Concello, ás 12.00
Noia: Diante do IES Virxe do Mar, ás 12 00
Ponteareas: Rúa Feliciano Barrera, ás 12.00
Pontedeume: porta do I.E.S. Breamo, (ás 10.00)
Ribadeo: diante do IES de Ribadeo, ás 12.00
Sarria: Praza da Vila, ás 12.00
Verín: Avda. de Portugal-Diante IES Xesús Taboada Chivite, ás 12.00
Vilalba: Praza da Constitución, ás 12.00
Vilagarcía: Praza de Galicia, ás 12.00
Ningún comentario:
Publicar un comentario