A profesora Liliana Valado traballa nunha investigación que lle
permita debuxar un panorama actual que abrangue dende a década de 1980
ata o 2013. A súa finalidade, como explica, é realizar un estudo máis
completo dende os inicios da tradución en Galicia, nos anos 80, ata a
actualidade, para confirmar que o que máis se traduce ao galego non é a
literatura de culto ou comercial, senón o libro de texto e os seus
materiais complementarios, como os títulos de lectura obrigada para os
rapaces e rapazas, que representan preto do 80 % do total, segundo
amosan os resultados preliminares.
A investigadora agarda poder
publicar este estudo en 2014 e aposta por darlle á tradución deste tipo
de textos a visibilidade e o prestixio que deben ter, ao tratarse da
"carpintería real da industria editorial en galego".
Máis información en Galicia Hoxe.
Ningún comentario:
Publicar un comentario