RESOLUCIÓN do 15 de xaneiro de 2014, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convocan as probas para a
obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria
para maiores de dezaoito anos, nas convocatorias de maio e setembro, e
se ditan instrucións para a súa realización.
A
Orde do 19 de febreiro de 2009, DOG do 4 de marzo, pola que se regulan
as probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria
obrigatoria para persoas maiores de dezaoito anos, foi modificada
parcialmente pola Orde do 10 de febreiro de 2012 e prevé no seu artigo
5.1 que a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e
Innovación Educativa convocará as citadas probas nunha ou máis
convocatorias de forma ordinaria e, no número 2, que establecerá as
datas de matrícula e realización, así como os centros en que se van
realizar.
En consecuencia, e ao abeiro da autorización que figura na disposición derradeira primeira da orde de referencia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario