mércores, 12 de febreiro de 2014

Protestan en favor da inmersión lingüística

  • Máis de mil persoas concéntranse ante o TSJC en contra do recente auto ditado por este tribunal
  • A manifestación conta co respaldo de CiU, ERC, PSC, ICV-EUiA e a CUP


Máis dun millar de persoas concentrouse na tarde deste luns fronte ao Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña en protesta polo recente auto deste tribunal que obriga ás escolas catalás a impartir en castelán un 25% da materia cando o solicite algún alumno. O acto, convocado pola plataforma somescola.cat, conta co apoio de CiU, ERC, PSC, ICV-EUiA e a CUP, informa El Periódico de Cataluña.

Os asistentes manifestaron que o fallo do tribunal supón unha intromisión nas competencias en materia educativa do Govern catalán, así como un ataque á política de inmersión lingüística que se seguiu na comunidade. Ademais de membros dos partidos políticos acudiron á concentración representantes de Òmnium Cultural, somescola.cat, a Federación de Asociacións de Pais e Nais de Alumnos de Cataluña e representantes sindicais.

Durante a protesta leuse un manifesto no que se esixiu ao Goberno catalán que blinde o modelo educativo ante o que se considerou un "ataque" que incrementa a "escalada xudicial contra a inmersión lingüística".

Ningún comentario:

Publicar un comentario