As organizacións convocantes falan de "éxito" pero dun seguimento desigual do paroNunha xornada de folga apoiada tamén polo nacionalismo político e sindical -BNG e Anova amosaron o seu apoio-, foron máis de vinte as manifestacións e concentracións que se celebraron por toda Galicia, nas sete cidades e en moitas máis vilas, algunhas delas pasadas por auga. As mobilizacións non conseguiron o éxito de anteriores convocatorias, pero si milleiros de estudantes saíron ás rúas ao berro de Non aos recortes en educación, Feijóo escoita o ensino está en loita ou contra a Lomce.
En varias das cidades rexistráronse algúns incidentes. En Compostela, algún manifestante rompeu a cristaleira do Banco Santander na praza de Galicia e outros lanzaron ovos e pintura a algún caixeiro e provocaron desperfectos nunha tenda de Adolfo Domínguez. Antes, na facultade de Químicas, houbo un desaloxo por parte dos bombeiros logo de que escachasen botes con material perigoso nos laboratorios.
O BNG amosou o seu "apoio" á manifestación estudantil convocada contra a Lei Wert en Santiago pero expresaou a súa "máis enérxica condena aos actos vandálicos cometidos por unha minoría que non teñen xustificación ningunha". "Eses actos vandálicos, ademais de inxustificables, supoñen unha falta de respecto e de intolerancia coa inmensa maioría dos estudantes e do resto dos participantes na manifestación que, dun xeito pacífico, expresaban o seu desacordo" coas políticas educativas do PP. Galiza Nova tamén condenou as "accións violentas" dunha "minoría".
Cristaleiras dalgún banco e caixeiros sufriron danos en Compostela, mentres que a policía cargou contra estudantes en VigoAdemais, en Vigo, e segundo testemuñas da manifestación, produciuse algunha carga por parte dos antidisturbios, que terían respondido ao lanzamento dunha pedra cara a zona onde se situaban os axentes antidisturbios. En Pontevedra, dous rapaces menores de idade foron trasladados á comisaría ao non presentar o DNI a requirimento das forzas de seguridade. Na cidade olívica, produciuse unha detención e houbo máis dunha ducia de identificacións nuns disturbios que as forzas de seguridade atribúen a unha minoría organizada.
O estudantado foi o protagonista nunha protesta "contra o españolismo, a privatización e o patriarcado no ensino". As tres organizacións estudantís denunciaron nun comunicado conxunto "os innumerábeis recortes e reformas impostas é educacións pública", entre as que se inclúen o descenso e a supresión de bolsas, a suba das taxas universitarias, a redución nos comedores públicos ou a minimización do límite de prazas. Todo, segundo advirten, sobre o pretexto dunha crise económica "na que, paradoxalmente, aumentan as ganancias das grandes elites económicas e invístese diñeiro público en rescatar bancos ou manter iniciativas privadas".
As tres organizacións, e tal e como denuncian tamén asociacións de pais, sindicatos ou plataformas contra a lei Wert, cren que a Lomce "reforza un programa ideolóxico sustentado na sumisión da muller ao home" ao dar maior importancia á relixión católica na educación e ao "aumentar o número de profesoras nesta materia". Ademais, "promove as asimetrías entre os xéneros ao financiar con diñeiro público os centros que segregan por sexo".
Os convocantes das mobilizacións advirten tamén de que xa están deseñados os bosquexos dos futuros programas educativos, todos eles de "marcado carácter retrógrado e promotor do capitalismo extremo e da mercantilización das mozas", din, e citan como exemplo a materia de Iniciativas Emprendedoras.
Ningún comentario:
Publicar un comentario