Comités, Liga e Agir enfatizan que a participación do estudantado foi maior que na última convocatoria, o 24 de Outubro de 2013.
Un seguimento do 75%. É o balanzo que fan as organizacións estudantís convocantes (Comités, Liga e Agir) da participación que o alumnado chamado á folga tivo neste 20-F, máis unha xornada de loita contra a xa coñecida coma Lei da Wergoña. Aseguran que esta primeira greve do ano foi "un éxito" e que a chamada ás rúas foi secundada dunha maneira máis contundente que a derradeira de 2013, realizada o 24 de Outubro.Xa no concreto, as máis concorridas foron as mobilizacións que percorreron as cidades de Vigo e Compostela, onde as organizacións contabilizaron 2.000 manifestantes. En Pontevedra e na Coruña foron por volta dun milleiro @s que rexeitaron a Lomce asistindo aos protestos; e en Lugo e Ferrol as cifras falan de 500 persoas. Son algúns dos dados de participación, mais cómpre lembrar que foron en total 20 as marchas en que o estudantado galego respostou, máis unha vez, contra a Lomce.
Ningún comentario:
Publicar un comentario