“Coincidiamos na diagnose do problema: os nosos mozos e mozas consideran a poesía aburrida, doutro tempo, pensan que todos os poetas están mortos e só aparecen nos libros de texto, que a poesía non ten nada que ver coa súa realidade, as novas tecnoloxías, internet, as redes sociais…”, sinala Anxos Rial, profesora de galego no IES de Poio. Feita a análise, apostouse por unha liña de traballo colaborativo que conxugase tecnoloxías e poesía, unindo adolescentes de distintos centros nunha actividade común de carácter poético. A distancia entre os centros puido ser salvada grazas á plataforma Etwinning.net de centros escolares de toda Europa, que permite e promove a colaboración empregando as tecnoloxías da información e comunicación. Este curso, aos centros galegos implicados en enredar versos sumóuselle un centro portugués a través desta rede social pechada, na que todo o alumnado tivo que presentarse aos demais a través dun acróstico realizado co seu nome.
O primeiro obxectivo, ao longo do curso pasado, foi recoñecer a poesía como algo vivo, poñéndolle rostro a autoras e autores a través da súa páxina webO primeiro obxectivo, ao longo do curso pasado, foi recoñecer a poesía como algo vivo, poñéndolle rostro a autoras e autores a través da súa páxina web, o que permite un achegamento máis directo á súa obra. Promoveuse tamén que o alumnado realizase as súas propias creacións poéticas, relacionadas con datas sinaladas do calendario escolar:acrósticos no día da biblioteca, caligramas no día da paz, haikus no día da poesía…
Para ensinarlles a arte de nomear mesmo o inefable, desde os centros realízanse obradoiros con diversos poetas, o que lles permite constatar non só que non todos os poetas están mortos, senón ademais que a poesía pode ser unha fonte de pracer.
Este curso, o alumnado de 2º e 3º da ESO realizou xa un encontro poético con Raúl Varas en Salamanca, que incluíu a lectura de poemas en lugares emblemáticos da cidade. “Descubren que a poesía é algo entretido, divertido, collen outra sensibilidade… Na aula nótase un montón, sácanlle moito proveito: melloran a súa expresividade, fan mellores creacións… as calificacións tamén melloran”, comenta Anxos. “Este ano estamos traballando a poesía visual, audiopoemas e biopoesía. Montamos un vídeo realizado con fotografías e un poema de Helena Villar Janeiro, polo 25 de novembro, contra a violencia de xénero. Agora mesmo estamos traballando na creación dos seus propios collages, coas texturas e montaxes que escollan, e mais os poemas”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario