Como estudante de segundo de carreira sorpréndome da miña propia
ignorancia. Obtiven unha matrícula de honra en Bacharelato, falo inglés e
francés (teño, por suposto, os títulos de rigor que o certifican),
estudei música. Os meus pais intentaron darme a educación integral que
eles non tiveron. Os meus profesores de instituto eran competentes, pero
estaban demasiado preocupados por manter a paz en clases de 40 persoas.
Demasiado centrados en que aprobásemos a Selectividade despois.
Aos meus 19 anos, podo confesar sen pudor que non sei nomear en orde aos reis españois dos últimos tres séculos (sempre fun de sobresaínte en Historia). Terei dificultades á hora de expoñer o pensamento de calquera filósofo entre a Idade Media e o século XX. Non sei cando viviu Mozart. Non obstante, apaixónanme as cuestións sociais, feministas, aprender frases feitas en francés, a divulgación científica, a biomedicina e as novelas. Creo que a estética, a solidariedade, a participación cidadá e a ciencia son os piares máis importantes da nosa sociedade.
Xulguen vostedes cales foron os fallos do sistema educativo. Pensen cal pode ser a realidade de miles de mozos españois que non tiveron as mesmas oportunidades ca min. Comprométanse, apoien a escola pública, blindémonos contra os recortes en educación e cambiemos entre todos este sistema falido e que acusa titulitis. A mellora nas estatísticas PISA virá entón soa. - María Quintana Romero.

Ningún comentario:
Publicar un comentario