"Non imos elevar a lícita diverxencia política a consideración xurídica", explicou o deputado conservador Román Rodríguez, a respeito dunha proposta defendida polo BNG e que contou co apoio dos outros tres grupos da oposición.
O PP voltou pasar o rodo da súa maioría absoluta no Parlamento galego para impor a súa vontade sobre unha proposición que tiña o apoio dos catro grupos da oposición.Galiza non levará a Lomce perante o Tribunal Constitucional malia recortar as competencias dos territorios con lingua propia dun 45% a un 35% á hora de achegaren contidos ao currículo educativo porque, segundo o deputado conservador Román Rodríguez, a petición dos grupos "carece de fundamentación xurídica" porque a lei española encaixa na arquitectura competencial da Xunta.
Di Román Rodríguez (PP) que nengunha norma "tivo nunca tanto apoio" coma a Lomce, que foi aprobada só cos votos a favor do PP e co compromiso de practicamente todo o arco parlamentar do Congreso de a derrogaren"Non imos elevar a lícita diverxencia política á consideración xurídica", espetou Rodríguez, nunha tentativa de lle explicar ao deputado do BNG Cosme Pombo --encargado de defender a proposta-- que "nengunha lei é totalitaria se está aprobada por unha maioría parlamentaria democrática".
Aliás, acrecentou que nengunha norma "tivo nunca tanto apoio" coma a Lomce, que foi aprobada só cos votos a favor do PP e co compromiso de practicamente todo o arco parlamentar do Congreso de derrogar a lei no momento en que a formación conservadora non conte con maioría parlamentaria. Segundo os dados que manexa Román Rodríguez, só en tres ocasións e "cando a autonomía era aínda incipiente" se aprobaron achegas en que o Parlamento galego interpuña un recurso de inconstitucionalidade, tal e como no pleno desta terza feira solicitaron todas as forzas da oposición.
Cosme Pombo (BNG) alega que a Lomce devolverá as escolas do País á "longa noite de pedra" descrita por Celso EmilioAsí, o primeiro en intervir na Cámara galega foi Pombo para defender o recurso de inconstitucionalidade dunha norma que, tal e como sinala a letra da proposición, "foi precedida dunha estratexia demagóxica e descualificadora do modelo educativo, conducindo a manipulacións á mantenta sobre o estado do sistema educativo para acometer unha reforma baseada non en necesidades reais, senón para atinxir obxectivos ideolóxicos e partidistas que nada teñen a ver coa mellora da calidade educativa".
Carmen Iglesias (Grupo Mixto) cualificou o texto de "profundamente antidemocrático"Moi ao contrario, o nacionalista advertiu de que a Lomce devolverá as escolas do País á "longa noite de pedra" descrita polo bardo de Celanova Celso Emilio Ferreiro e enfatizou que se trata "dunha lei totalitaria" e que é "letal" para o ensino e para a lingua galega.
Após a intervención de Pombo, tomou a palabra Carmen Iglesias, deputada do Grupo Mixto, para denunciar que se trata dun texto "profundamente antidemocrático" pola concepción "mercantil" que translada a respeito da educación, mais tamén pola blindaxe que fai dos concertos relixiosos e privados que segregan o alumnado por razón de sexo.
Ramón Vázquez (AGE) pronunciou un "non alto, claro e cheo de carraxe" contra a leiO seguinte deputado en se posicionar contra a Lomce foi Ramón Vázquez, parlamentar de AGE, quen enfatizou o "non alto, claro e cheo de carraxe" do seu grupo.
Para alén disto, Vázquez instou o grupo parlamentar que apoia o Goberno galego a "defender o seu marco de competencias" e mellorar a lei, tal e como solicita a comunidade educativa, mais facelo "cara ao ideal da escola pública".
Vicente Docasar (PSdG-PSOE) cualificou a Lomce coma "unha perversión carente de consenso"Por derradeiro, o voceiro socialista de ensino, Vicente Docasar, rexeitou o "amplo consenso" do cal falou despois o deputado do PP sinalando que a baptizada coma Lei da Wertgoña naceu "carente de consenso" e é "unha perversión".
Recordou que o PSOE a vai derrogar cando a composición do Congreso o permita e adiantou que, polo de agora, van presentar un recurso amparado por outros grupos na cámara española. Porén, o rodo do PP voltou impedir que a vontade da maioría da Cámara galega chegara a termo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario