No salón de actos da Real Academia Galega terá lugar a segunda xornada de Cultura que une. Nesta ocasións celebrarase unha mesa redonda baixo o título As relacións intelectuais entre Galiza e Norte Portugal.
O profesor e catedrático da Universidade do Minho e director do Museo
Bernardino Machado, Norberto Ferreira da Cunha analizará o papel de
Galiza na historiografía portuguesa. A continuación, Paulo Vieira de
Castro, presidente de dirección da Sociedade Martíns Sarmento, exporá as
relacións desta sociedade coa institucións culturais e académicas
galegas ao longo do século XX.
Paulo Samuel, investigador do Centro de História e da Cultura
da Universidade Nova de Lisboa, participa cun relatorio enfocado na
figura de Teixeira de Pascoaes. Por último Gaspar Martins Pereira,
profesor e catedrático do departamento de História e de Estudos
Políticos e Internacionais da Universidade do Porto examinará a
importancia dos traballadores galegos no desenvolvemento da comarca
viñateira do Douro ao longo dos séculos XVIII e XIX.
O presidente da Real academia Galega, Xesús Alonso Montero, presidirá o acto.
O acto pecharase, ás 21:30 horas, cun recital poético nos xardíns de San Carlos.
Podes consultar o programa aquí [PDF 2,3Mb].
Ningún comentario:
Publicar un comentario