O conselleiro de Educación, Román Rodríguez, e os tres reitores das universidades galegas, Juan Viaño, Salustiano Mato e Xosé Luis Armesto, asinaron este mércores un acordo para prover, manter e actualizar as infraestruturas científicas e técnicas. Esta reunión chega en plena negociación do novo sistema de financiamento.
Segundo o acordo asinado, a Consellería de Cultura, Educación e
Ordenación Universitaria achegará un 20% dos investimentos
subvencionados, cuxo custo total se estima nuns 12 millóns de euros, e o
80% restante procederá das axudas que as tres universidades obtiveron
do Goberno central a través do Plan estatal de investigación científica e
técnica e de innovación 2013-2016 (Plan estatal I+D+i). Deste xeito a
consellería comprometeuse a achegar nos exercicios 2015 e 2016, ese 20%
complementario que alcanza a cantidade total de 2.477.275 euros.
Ao abeiro destas axudas, as universidades públicas galegas poderán adquirir equipamento para a investigación en eidos como a medicina, a biomedicina, a veterinaria, a enxeñaría civil e a aeronáutica, entre outros. Novo plan de financiamento do SUG Tras a sinatura do convenio e previo á celebración do Consello Galego de Universidades, os tres reitores galegos solicitaron á Xunta de Galicia ante os medios de comunicación máis esforzo en materia de financiamento da educación superior e demandaron á administración autonómica que sexa coherente en cifras co seu discurso en favor do coñecemento e da I+D+i.
O reitor vigués, Salustiano Mato, referiuse ao novo plan de financiamento do SUG que se atopa en proceso de negociación e avogou por uns criterios claros e medibles para o reparto do fondo estrutural común e porque unha parte máis intensa do financiamento sexa variable por resultados . Mato pediu unha maior aposta agora que teoricamente pasou o peor da crise e engadiu que se iso é certo, deberíase incrementar neste plan a dotación global por parte da Xunta de Galicia.
Taxa de reposición
Salustiano Mato referiuse tamén á taxa de reposición imposta polo Goberno central na Lei de Orzamento e cualificouna de ferida mortal para as universidades. “Isto é o que máis dano nos está facendo, porque evita que poidamos consolidar aos investigadores e profesores aínda que teñamos recursos económicos e apostou por eliminala dunha vez .
En lugar da taxa, Mato avogou por un control económico para que ningunha institución poda contratar máis aló do que lle permita a súa capacidade económica , pero cualifica de “inxusto” que as universidades teñan prohibido por lei contratar a ninguén e cuestionou así a autoridade que ten o Goberno para pedir resultados ás universidades con este tipo de imposicións.
Por parte da UDC, o reitor demandou máis fondos para o conxunto das universidades dende a Xunta. Na súa opinión, o problema non é o reparto, senón a cantidade global a repartir.

Ningún comentario:
Publicar un comentario