Este luns o sindicato presentou un informe, Análise gráfica da pobreza e a desigualdade salarial en Galicia, no que analiza a situación das persoas e colectivos máis desfavorecidos en Galicia, as situacións de pobreza e exclusión social e a realidade das desigualdades salariais no noso país, nun escenario no que nos últimos anos emerxeu con forza a figura do asalariado pobre, cuxo salario é insuficiente para a súa subsistencia.
En 2013 70 mil traballadores e traballadoras en Galicia percibían ingresos por baixo do limiar da pobreza, isto é, 410 euros mensuais en doce pagasNeste senso, aínda que as persoas con maior risco de exclusión social son as desempregadas, o informe subliña que, actualmente, ter un posto de traballo non é incompatible con ser pobre: con datos do ano 2013, 70 mil traballadores e traballadoras en Galicia percibían ingresos por baixo do limiar da pobreza, isto é, 410 euros mensuais en doce pagas. É máis, o 20% dos asalariados e asalariadas galegas (153 mil persoas) cobra menos de 700 euros mensuais (en 14 pagas). CC.OO. alerta de que esta "pobreza laboral" afecta sobre todo ás mulleres, á mocidade e ás persoas con contratos a tempo parcial.
Unha renda mínima garantida para 90 mil persoas
En relación coa renda mínima garantida, CC.OO. calcula que en Galicia 87.863 persoas -desempregadas de longa duración que viven soas ou en fogares sen ingresos- serían potenciais beneficiarias deses 426 euros. Para poñer en marcha esa axuda, que podería chegar a case dous millóns de persoas en todo o Estado, sería necesaria unha dotación orzamentaria de 5 mil millóns de euros, que se financiaria cun incremento de tributos para as rendas máis altas e coa loita contra a fraude fiscal.CC.OO. calcula que en Galicia 87.863 persoas -desempregadas de longa duración que viven soas ou en fogares sen ingresos- serían potenciais beneficiarias deses 426 eurosA proposta que realizan CC.OO. e UGT, que tamén foi ben recibida dende IU, non dista moito da renda mínima que Podemos levou nos seus programa electorais nas recentes eleccións autonómicas, cunha contía semellante, entre 400 e 500 euros, para aquelas persoas sen ingresos ou con ingresos inferiores a esa cantidade, e que "tentaría" achegar progresivamente ao salario mínimo interprofesional (650 euros mensuais en 14 pagas). Mesmo dende o PSOE se fixeron algunhas propostas neste senso. En Madrid, por exemplo, Ángel Gabilondo prometeu unha "renda básica de cidadanía” de 479 euros para “persoas en situación de vulnerabilidade” e que eleva os actuais 375 euros da renda mínima de inserción.
Podemos, PSM, Ahora Madrid, Barcelona en Comú ou Marea Atlántica propoñen melloradas rendas mínimas para as persoas con menos ingresosA nivel municipal, nestes últimos comicios puxéronse sobre a mesa distintas propostas de rendas sociais para as persoas e familias con menos recursos e en situación de exclusión. Na Coruña, por exemplo, a Marea Atlántica propuxo a implantación dunha renda social municipal de entre 400 e 700 euros mensuais para as familias en risco de exclusión social que na actualidade dependen da Risga. De igual xeito, no programa de Ahora Madrid figura unha renda mínima de inserción para as persoas con ingresos inferiores ao salario mínimo. E no de Barcelona en Comú prevese unha "renda municipal complementaria" para as familias con menos ingresos, que cubra a diferenza entre o que cobren agora e os 570 euros (o 60% da renda media da cidade).
Ningún comentario:
Publicar un comentario