seguinte redacción, que está plenamente vixente:
"Co fin de estimular o exercicio efectivo da participación dos alumnos nos centros educativos e facilitar o seu dereito de reunión, os centros educativos establecerán, ao elaborar as súas normas de organización e funcionamento, as condicións nas que os seus alumnos poden exercer este dereito. Nos termos que establezan as Administracións educativas, as decisións colectivas que adopten os alumnos, a partir do terceiro curso da educación secundaria obrigatoria, con respecto á asistencia a clase non terán a consideración de faltas de conduta nin serán obxecto de sanción, cando teñan sido resultado do exercicio do dereito de reunión e sexan comunicadas previamente á dirección do centro. "
É dicir, que se o alumnado dun centro se reuniu en Asemblea e decidiron non asistir a unha ou a varias clases, durante un ou varios días (o que é unha folga de estudantes), abonda con el e coa comunicación á dirección. Para os alumnos onde non se realizasen Asembleas (motivo polo cal as Administracións intentan prohibilas con variados argumentos), será de aplicación a falta de asistencia e a necesidade de xustificala. O mesmo acontece co alumnado que estea nun curso inferior ao terceiro da ESO.
Para xustificar as devanditas faltas serven os modelos adxuntos, que foron revisados por un asesor xurídico.
XUSTIFICACIÓN DE AUSENCIA DE ALUMNADO AO CENTRO EDUCATIVO
D. /Dna. ______________________________
pai/nai/titor-a do alumno/a
______________________________
comunico mediante o presente escrito que a ausencia do meu
fillo-a/tutelado-a do pasado día ____ de ____________________ de
______, foi motivada por causas alleas á súa vontade, baseadas nunha
decisión familiar que pertence ao ámbito privado e que, se fose
necesario, será explicada ante as instancias oportunas que teñan
capacidade e dereito a coñecer esta.
Asinado en __________________ a ____ de ____________________ de ____
O/a pai/nai/titor-a
Asdo.: _________________
DNI: _________________
Á atención do Director/Directora do centro educativo
______________________________
Ningún comentario:
Publicar un comentario