A CIG-Ensino fai un
chamamento a participar na folga do 24 de outubro e nas manifestacións
convocadas para ás 11.30 horas da mañá.
O PP asestoulle unha nova puñalada ao ensino
público ao aprobar no Congreso do Deputados, coa súa maioría
parlamentaria, o proxecto de LOMCE e enviala para o seu debate ao
Senado. Diante deste novo paso adiante cara a aprobación da LOMCE, que
ignora o rexeitamento da comunidade educativa e da sociedade galega no
seu conxunto a esta lei educativa, a CIG-Ensino fai un chamamento a
participar na folga do 24 de outubro e nas manifestacións que hai
convocadas para ese día ás 11:30 horas nas sete cidades e en diferentes
vilas, xa que esta convocatoria colle agora maior relevancia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario