Asina contra a LOMCE se pertences ao ámbito cultural ou a algunha asociación que desenvolva a súa labor nese ámbito.
O sistema educativo que impón a LOMCE é un
sistema afastado do noso país, da nosa cultura, da nosa historia e da
nosa lingua, é dicir, de todo aquilo que nos conforma como pobo. Un
sistema que pretende formar persoas desarraigadas que non se recoñezan
no contexto que as rodea, converténdoas en analfabetas na cultura e
mesmo na lingua que este país creou ao longo dos séculos.
A Cultura Galega contra a LOMCE
O sistema educativo
que impón a LOMCE é un sistema afastado do noso país, da nosa cultura,
da nosa historia e da nosa lingua, é dicir, de todo aquilo que nos
conforma como pobo. Un sistema que pretende formar persoas desarraigadas
que non se recoñezan no contexto que as rodea, converténdoas en
analfabetas na cultura e mesmo na lingua que este país creou ao longo
dos séculos.
Un sistema educativo público debe estar ao servizo das necesidades do país ao que pertence, vehiculizado na lingua propia para formar na súa cultura e para a súa cultura. A LOMCE pretende alienar e uniformar o alumnado galego cun traxe españolizador que lle impida recoñecerse como galego e coñecer a obra dos seu propio pobo e das e dos que singularmente destacan nel como creadores excepcionais.
Rexeitamos un sistema educativo que educa as persoas para ser emigrantes e que desvaloriza o propio como inservíbel e desapropiado. Non é posíbel respectar a diversidade, avanzar e mesmo construír outro mundo se non se fai desde o coñecemento e a estima do propio.
O sistema educativo debe ter como obxectivo prioritario o de dotar as xeracións futuras das ferramentas necesarias para se educaren na capacidade de análise crítica, no razoamento científico e desprexuizado, no laicismo, na solidariedade, na igualdade, na xustiza social, na equidade, no exercicio da democracia e da liberdade de expresión para así contribuír á transformación social, necesaria para conseguir unha sociedade máis xusta e igualitaria.
Por iso, as e os que a seguir asinamos, persoas ligadas á cultura galega reclamamos a retirada da LOMCE.

Ningún comentario:
Publicar un comentario