FACUA Madrid criticou este xoves que a
"política de recortes" levada a cabo pola Consellaría de Educación da
Comunidade de Madrid converteu esta 'volta ao cole' na "máis custosa dos
últimos anos".
Segundo a asociación, o panorama que se encontraron este primeiro
mes de clases as familias madrileñas foi o de "ata un 20 por cento máis
de alumnos por aula, menos profesorado, poucas axudas en material
escolar e recortes en servizos básicos como o comedor".A asociación lamenta o "impacto negativo" que provoca esta situación na educación dos estudantes madrileños, "un servizo elemental e necesario para promover o desenvolvemento dunha sociedade cívica, culta e comprometida para as xeracións futuras".
FACUA Madrid alertou de que tamén se viu incrementado o prezo da matrícula nas escolas infantís e de idiomas. Respecto á educación infantil, FACUA Madrid critica que cada vez son máis as familias que renuncia a este servizo "por non poder facer fronte ao pagamento das tarifas".
"Do mesmo modo sucede coas escolas de idiomas, onde a matrícula foi aumentando a súa contía ata situar a Madrid como unha das autonomías máis caras para estudar outras linguas", aseverou a asociación.
FACUA está a desenvolver unha campaña a través das redes sociais co hashtag '#enEducacionnoserecorta', protagonizada polas actrices Silvia Marsó e Natalia Dicenta, e o xornalista Ramón Arangüena, na que chaman aos usuarios a manifestar o seu rexeitamento contra os recortes presupostarios en materia de educación.
Ningún comentario:
Publicar un comentario