Critica que tamén se contraten a desempregados para tramitar as bolsas de estudos e que algúns deles cobran 200 euros.
Traballo escravo en pleno século XXI en Galicia?. Esa é a denuncia que
acaba de facer CIG-Autonómica tras denunciar a contratación do persoal
que se encarga de tramitar as bolsas de estudos das xefaturas territoriais da Consellería de Educación.
Esta central sindical denuncia que, a Consellería de Educación, en vez de realizar contratos recurre á fórmula da “colaboración social”, para utilizar parados neste tipo de traballos. Así, o desempregado segue cobrando o paro ou o subsidio, e cando se lle esgota se lle complementa a parte que lle falta ata o salario, co cal o Ministerio aforra unha parte substanciosa que paga o INEM.
Deste xeito, sinala que hai casos, como no da Xefatura Territorial de Pontevedra onde os colaboradores sociais traballan no mesmo horario que os empregados públicos por 200 euros.
Con todo, CIG-Educación denuncia que este ano a Consellería de Educación "vai máis aló" ao recurrir ao portal web de intermediación, Infojobs, para que seleccione a este persoal e despois os contratan a a través de TRAGSEGA, unha filial da empresa pública de transformación agraria TRAGSA, como é o caso das persoas contratadas en Lugo.
Todos os anos, Educación contrata bolsas de estudos nas súas xefaturas territoriais. Ata agora, estas persoas estaban pagadas polo Ministerio de Educación para que durante un período de entre 3 e 6 meses, tramiten as axudas de libros e bolsas de estudos. Tradicionalmente se viña facendo a través do INEM, ata este ano.
Esta central sindical denuncia que, a Consellería de Educación, en vez de realizar contratos recurre á fórmula da “colaboración social”, para utilizar parados neste tipo de traballos. Así, o desempregado segue cobrando o paro ou o subsidio, e cando se lle esgota se lle complementa a parte que lle falta ata o salario, co cal o Ministerio aforra unha parte substanciosa que paga o INEM.
Deste xeito, sinala que hai casos, como no da Xefatura Territorial de Pontevedra onde os colaboradores sociais traballan no mesmo horario que os empregados públicos por 200 euros.
Con todo, CIG-Educación denuncia que este ano a Consellería de Educación "vai máis aló" ao recurrir ao portal web de intermediación, Infojobs, para que seleccione a este persoal e despois os contratan a a través de TRAGSEGA, unha filial da empresa pública de transformación agraria TRAGSA, como é o caso das persoas contratadas en Lugo.
"Dignidade laboral"
"Que unha Administración recurra a prácticas negreiras non nos sorprende xa a estas alturas, pero iso non significa que debamos tolerar que se implanten este tipo de prácticas, que aínda que legais, atentan contra a dignidade das persoas, contra os dereitos laborais, contra a imparcialidade da Administración, e nos retrotraen aos século XIX", denuncia.Todos os anos, Educación contrata bolsas de estudos nas súas xefaturas territoriais. Ata agora, estas persoas estaban pagadas polo Ministerio de Educación para que durante un período de entre 3 e 6 meses, tramiten as axudas de libros e bolsas de estudos. Tradicionalmente se viña facendo a través do INEM, ata este ano.
Ningún comentario:
Publicar un comentario