O secretario General do PSOE, Alfredo Pérez
Rubalcaba, apoiou este martes coa súa firma a 'Consulta cidadá pola
educación', que impulsa a Plataforma Estatal pola Escola Pública contra o
proxecto de Lei Orgánica de Mellora da Calidade Educativa (LOMCE) e os
recortes no ámbito do ensino.
O líder socialista, que acudiu a unha mesa instalada por esta
plataforma na Universidade Complutense de Madrid, da que é antigo
alumno, publicou posteriormente no seu perfil de Facebook, que apoia
esta consulta contra unha norma que, segundo advertiu, "ten a todo o
mundo en contra"."Hoxe estiven na que é a miña Universidade, a Complutense, para apoiar coa miña firma a consulta cidadá pola educación que impulsou a Plataforma Estatal pola Escola Pública. Alí compartín un anaco con profesores, alumnos, pais e representantes sindicais, que están a traballar para frear os recortes en educación e impedir a entrada en vigor da Lei Wert," afirmou.
Ao seu xuízo, a lei "nacería morta" porque ten a "todo o mundo en contra". Uninme a esta iniciativa cidadá porque creo que a educación é cousa de todos, da sociedade enteira, concluíu.
Ningún comentario:
Publicar un comentario