martes, 29 de outubro de 2013

O PSdeG denuncia que o Concello de Ribeira obstaculizou as manifestacións contra a LOMCE

Por que apagou o Concello de Ribeira o alumeado público o pasado xoves?. Esa é a pregunta que se fan numerosos veciños que participaron na manifestación en contra da Lei Wert que tivo lugar na Praza do Concello da localidade.
 
Por iso, o PSdeG acaba de remitir un comunicado no que amosa o seu "fondo malestar e indignación pola actitude autoritaria, ou incompetente", do equipo de goberno do Concello de Ribeira que encabeza o popular Manuel Ruiz Rivas.

"Xesto autoritario"

A protestas polas rúas de Ribeira rematou ás 19.30 euros no centro da vila. Pero, alí non había ningunha luz pública acesa. "Non é máis que un xesto autoritario contra a liberdade de expresión, de inspiración profundamente anti-democrática", denuncia o PSdeG. 
 
Ante estas denuncias, o concello xa dixo que que o problema foi que o alumeado público "estaba programado" e por iso se apagou. "Pois debía estar mal programado xa que nos consta que había presenza das forzas e corpos de seguridade do Estado no momento da concentración", denuncian os socialistas.
 
Sen embargo, o PSdeG lembra que non é a primeira vez que se produce un apagón deste tipo. durante as protestas da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública, tampouco estaban acesas as luces do soportal do edificio do concello. "Imos facer todo o posible que estea na nosa man para que estes graves incidentes non se volvan a producir", ameazan os socialista.

Ningún comentario:

Publicar un comentario