A investigación educativa, co Informe Pisa da OCDE
á cabeza, demostrou o enorme impacto que o nivel económico, social e
cultural dos pais ten nos resultados escolares dos seus fillos. Pero
cada vez parece máis claro que é moito máis importante a parte cultural
que a económica. Así ten asegura un novo estudo dos profesores Alice
Sullivan e Matt Brown, do Instituto de Educación da Universidade de Londres.
O seu traballo asegura que a educación dos pais é máis importante que o
nivel económico, e que os recursos culturais accesibles no fogar son
aínda máis decisivos á hora de predicir os resultados que ese nivel
educativo.
Os recursos culturais, como os libros, os xornais, a música, o cine,
etcétera, "son máis importantes que os recursos materiais, polo menos
para os resultados cognitivos. Os nosos resultados tamén apoian a idea
de que a fluidez lingüística é máis dependente dos recursos culturais
dos pais que outras habilidades académicas, como o rendemento de
matemáticas", di o traballo. Este analizou os resultados en exames
estandarizados de vocabulario, ortografía e matemáticas aos 16 anos
tomados da base de datos British Cohort Study, que seguiu a vida duns 17.000 británicos nacidos en 1970.
Encontramos que a cultura da lectura na casa, incluíndo a lectura aos
nenos, a lectura de libros e xornais", e, en negativo "os problemas de
lectura, relaciónanse significativamente coas puntuacións nas probas dos
nenos". Ese impacto modérase de forma "relativamente importante" co
nivel educativo dos pais e, en menor medida, con "os recursos materiais"
en xeral dun fogar.
Por outra parte, o estudo tamén encontrou que "os nenos que leron por
pracer entre os 10 e os 16 anos fixeron máis progresos en matemáticas,
vocabulario e ortografía, mesmo despois de descontar o impacto da orixe
social dos pais e, mesmo, ese comportamento lector dentro do fogar
mencionado máis arriba,". "Dende unha perspectiva política, isto avala
firmemente a necesidade de apoiar e fomentar a lectura dos nenos no seu
tempo libre", din os autores.
Ningún comentario:
Publicar un comentario