A Plataforma galega en defensa do ensino públicou anunciou "as mobilizacións máis multitudinarias que se teñen realizado neste ámbito" e advertiu de que "a política de recortes é a política de anulación dun dereito": o dereito a un ensino público, gratuíto, laico, non-sexista, de calidade e na nosa lingua.
raza do Concello no Barco de Valdeorras. Praza da Mariña en Burela. Horta do seminario en Lugo. Praza dos cabalos en Vigo. Praza da Galiza en Vilagarcía. Praza da peregrina en Pontevedra. Praza da igrexa en Lalín. Xefatura territorial de Educación en Ourense. Estación de autocarros en Ribeira. Praza do Toural en Compostela. Praza de España en Ferrol. Praza 8 de Marzo en Cee. Praza do Concello en Carballo. Praza de Vigo na Coruña.En total, 14 manifestacións que esta quinta feira, 24 de Outubro, farán tremer as rúas da Galiza para mostrar o rexeitamento da comunidade educativa á chamada 'Lei orgánica de mellora da calidade educativa', LOMCE, e popularmente coñecida como 'Lei da Wertgoña'. "Serán as mobilizacións máis multitudinarias que se levaron a cabo até o de agora neste ámbito", sinalou Anxo Louzao, secretario xeral da CIG-Ensino e membro da Plataforma galega en defensa do ensino público.
En rolda de imprensa, Louzao anunciou un "amplo apoio" do profesorado, que se amosou "moi receptivo" durante as máis de 900 asembleias en que se explicaron as consecuencias da norma española ao seren "conscientes de que estamos perante un varapau á liberdade de cátedra". Insistíu o nacionalista na necesidade de "enterrar" o "cadáver" dunha lei "que naceu morta" e acusou a consellaría de Educación de non se ter "atrevido" a debater e dialogar coa comunidade educativa a respeito da súa aplicación na Galiza.
A Plataforma galega puxo o acento na vontade de todas as forzas políticas con representación no Congreso --agás o PP-- de derrogar a LOMCE cando remate a maioría conservadora na Cámara baixa. "A política de recortes é a política de anulación dun dereito", subliñou Fernando Lacaci, presidente da Federación de ANPAS de Compostela, quen falou en representación das nais e pais que fan parte do colectivo polo ensino público.
Ao fío, Lacaci alertou de que a norma carrexa "un ensino ideoloxizado, mercantilizado e até catolizado que supón un torpedo na liña de flotación da nosa mocidade". Reclamou máis medio tanto técnicos como persoais para atender a diversidade, a individualidade do alumnado e as actividades complementarias. Os orzamentos destinados a educación reducíronse un 33% desde 2009.
Aínda o PP consiga aprobala, seguirán as mobilizacións
"Aínda que entre en vigor, esta lei vai seguir a ser contestada", adiantou o voceiro das nais e pais de Compostela. Cómpre sinalar que a LOMCE recibiu o visto e prace do Congreso --saíu adiante unicamente cos votos a favor do PP-- e vai camiño do Senado na procura da luz verde para ser aplicada. Mónica Martínez, integrante dos Comités e que falou en nome do estudantado, redundou no rexeitamento que a comunidade educativa galega ten manifestado perante esta lei con peches, concentracións e mobilizacións en contra.
Para alén das persoas xa mencionadas, da rolda de imprensa fixeron parte tamén o deputado do Bloque e responsábel de Ensino no Parlamento galego, Cosme Pombo; as integrantes da AS-PG e de Galiza Nova Carme Romero e Andrea Martins; e o membro da Liga estudantil Iván Rodríguez. Da Plataforma fan parte tamén as federacións de ANPAS de Lugo, Costa da Morte e Ferrolterra; o Movemento dezao polo ensino público; e o Sindicato de estudantes.
Ningún comentario:
Publicar un comentario