As tres organizacións amosan a súa "vontade rupturista cos sindicatos españolistas"Por todo isto, Agir, Comités e a Liga decidiron convocar "de forma conxunta, amosando a problemática propia do estudantado galego, e entendendo que a nosa loita tamén terá que ser propia e unitaria". No manifesto presentado este martes, as tres organizacións advirten da "privatización do sistema educativo e un deterioro da educación pública encuberto baixo a premisa da redución do fracaso escolar". Tanto desde o goberno do estado español como desde a Xunta, as medidas tomadas tenden a reducir o número de alumnas que acadan os niveis educativos superiores. Alleos á nosa realidade nacional reducen presupostos que para nós son a vertebración mesma do país, así vemos como se pechan as escolas no rural, como reducen os servizos de comedores ou como de novo os FP non teñen a ver coa realidade socioeconómica do país", aseguran.
Para as tres organización, a Lomce "tenta adoutrinar as nenas ao aumentar as horas de relixión católica, atacando o galego mediante a eliminación de horas de docencia ou prohibindo dar as ciencias no noso idioma e centralizando os temarios". "Unha lei que ademais de confesional e sexista por promover os centros que segregan por sexos, elimina a participación do estudantado na toma de decisións", lembran, tras denunciar o "ataque" ao dereito fundamental de estudar na ensinanza pública.
A idea é "aglutinar forzas" e construír "unha unidade de acción sen atender as cúpulas dos sindicatos españois"Así, advirten tamén que con esta chamada conxunta á folga procuran "aglutinar forzas" construíndo "a unidade de acción en pé de igualdade entre as organizacións, sen atender as cúpulas dos sindicatos españois que non reflicten a realidade das reivindicacións estudantís". "Repetimos a nosa aseveración ao criticar convocatorias totalmente alleas ao estudantado galego", din.
"Entendemos que as necesidades do ensino publico galego só serán garantidas baixo a consecución da soberanía nacional e popular, pois só desde Galiza sabemos o que precisa o noso pobo e as necesidades educativas do noso pais e só nós podemos garantir un ensino publico democrático e en galego tras a ola centralizadora e españolista do ministro Wert", rematan.
Ningún comentario:
Publicar un comentario