A ferramenta diríxese sobre todo aos mestres e mestras, poñendo o foco na innovación docente e non tanto de forma máis xeral na innovación educativa ou na innovación para a aprendizaxeO obxectivo de contribuír á innovación docente a través da aplicación de tecnoloxías da web 2.0 e 3.0 no día a día das clases. A ferramenta diríxese sobre todo aos mestres e mestras, poñendo o foco na innovación docente e non tanto de forma máis xeral na innovación educativa ou na innovación para a aprendizaxe. A aplicación facilita o acceso a recursos e propostas educativas que os mestres poden explorar, tomar e adaptar para crear as súas propias guías docentes e, ademais destas “propostas cociñadas polos expertos”, segundo destaca o profesor da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación, Manuel Caeiro, coordinador da RedeTELGalicia.
A web quere ser un "espazo vivo", con constante actualización e construción colaborativa entre todos os usuarios, con achegas continuas de novas ideas ou de correccións. Quérese que os docentes se “apropien” dos recursos e propostas dispoñibles, facéndoos seus e modificándoos para adaptalos ás súas necesidades e intereses. Os recursos fornecidos e as actividades propostas fan fincapé na dimensión práctica, na que o alumnado é o principal protagonista e responsable das actividades, mentres que o profesor adopta un rol máis de conselleiro, guía e supervisor. Ao tempo, son tamén actividades nas que se fai “case imprescindible” a utilización doutros tipos de recursos que van máis alá dos contidos e ferramentas tradicionais.
Actividades e recursos propostos
Entre os primeiros contidos que xa se poden ver na páxina, atopamos un Planetario virtual, co que os rapaces poden aprender a disposición do Sistema Solar grazas á aplicación Stellarium, que emprega software libreEntre os primeiros contidos que xa se poden ver na páxina, en preparación dende febreiro e aínda en fase beta, atopamos un Planetario virtual, co que os rapaces poden aprender a disposición do Sistema Solar grazas á aplicación Stellarium, que emprega software libre. Tamén se propón unha Caza do Tesouro en Internet, unha actividade orientada a aplicar estratexias útiles para adquirir información sobre un tema determinado e practicar habilidades e procedementos relacionados coas TIC en xeral e co acceso á información a través da Internet en particular. Consiste nunha serie de preguntas e unha lista de direccións de páxinas web das que poden extraerse ou inferirse as respostas. Algunhas inclúen unha "gran pregunta" ao final, que require que os alumnos integren os coñecementos adquiridos no proceso.
Outra das actividades propostas é o Diamante de Opinións, "unha rutina que promove o pensamento creativo e axuda a explorar situacións de toma de decisións nas que existe un compromiso que dificulta a determinación de que opción é realmente a boa".
Ningún comentario:
Publicar un comentario