O vindeiro 24 de outubro, as organizacións estudantís
nacionalistas galegas chaman ao estudantado de ensino medio e
universitario a sumarse a unha folga en contra da LOMCE e os recortes no
ensino.
Baixo o lema “Paremos os recortes, a españolización e a
privatización” e cun manifesto asinado por Agir, a Liga Estudantil
Galega e Comités, márcase un punto de inflexión na loita unitaria contra
os recortes no ensino, asumindo que a resposta ás nosas problemática no
eido estudantil nunca virá de Madrid.
Por iso, para eliminar a LOMCE, para loitar por un ensino
público, galego, democrático e de calidade animamos a todo o estudantado
da Galiza a secundar esta xornada de folga e a participar das
mobilizacións convocadas para ese mesmo día pola mañá.
Ningún comentario:
Publicar un comentario