A Plataforma pola Escola Pública vai a
levará este xoves ao Pazo da Moncloa o resultado da campaña da consulta
cidadá contra os recortes e o proxecto de Lei Orgánica para a Mellora da
Calidade Educativa (LOMCE) coa intención de entregarlla persoalmente ao
presidente do Goberno, Mariano Rajoy.
Así, ás 11.00 horas esta organización, integrada por asociacións
de pais, alumnos e sindicatos de ensino, deixará previsiblemente no
rexistro da sede do Goberno o documento sobre o impacto da campaña, xa
que Rajoy non contestou á súa petición de reunirse con eles, segundo
indicaron a Europa Press dende a Plataforma.A consulta, que arrancou o pasado 23 de setembro na madrileña Porta do Sol e finaliza o próximo 27 de outubro, ten como obxectivo solicitar a opinión dos cidadáns acerca da política educativa do Goberno e, en concreto, sobre os recortes, o decreto de bolsas e o proxecto da LOMCE.
Ademais da colocación de mesas na entrada dos centros educativos públicos e universidades, estas organizacións crearon unha Web (www.consultaciudadanaporlaeducacion.org) co fin de recoller firmas e na que se informa do número de respostas recibiron. Segundo o último reconto, xa 59.953 persoas deixaron a súa opinión neste portal.
Ningún comentario:
Publicar un comentario